quinta-feira, 24 de maio de 2007

A BOMBA SEGUE EN MARCHA


Fonte: a nosa terra(http://www.anosaterra.com/documentos/central_interior.php?pagina_actual=galiza&numero=1267)

Reganosa comeza a súa actividade en probas

""Reganosa, a planta regasificadora da ría do Ferrol, comezará a súa actividade, en probas, o 10 de maio. Poderá ser unha data histórica para Galiza. Se todo vai ben, será un primeiro paso para que Galiza conte cunha nova fonte de enerxía. Se hai problemas, como agoiran os veciños, pode ser unha catástrofe para a ría.

Seguramente Caneliñas non é o lugar máis axeitado para construír unha planta regasificadora. Pero a planta está construída porque o Goberno Fraga lle deu todas as súas benzóns. Ben é certo que a outra alternativa, a proposta por Enagás, fora da ría, só era un intento de paralizar esta instalación que se considera vital para a industrialización de Galiza, como demostrou o tempo.

Grupos veciñais, ecoloxistas e marisqueiros, séguense opoñendo ao seu funcionamento, logo de perder múltiplas batallas para que non fose legalizada. Esta semana perderon unha máis. Unha batalla que durou máis de dous días. Por catro veces conseguiron paralizar con lanchas a entrada no peirao de Reganosa do gaseiro Galicia Spirit, propiedade de Unión Fenosa, que transportaba 140.000 metros cúbicos de gas natural nas súas cubas. Os primeiros que entrarían na planta. Un barco que, contraditoriamente, na terra de estaleiros foi construído en Asia.

“Perdeuse unha batalla pero a loita continúa porque se trata dunha minoría que defende os intereses da maioría fronte ás autoridades que ameazan a seguridade da ría”, segundo afirmou Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría do Ferrol logo dunha asemblea na mañá do 9 de maio.

Daban así por perdida a batalla de impedir a entrada do primeiro gaseiro, logo de facelo virar por catro veces en dous días e fondear na ría de Ares. A quinta vez, na mañanciña do día 9, forzas antidisturbios da policia impediron que máis de 200 persoas concentradas nos portos da ría ferrolá subisen ás súas barcas para cortarlle paso ao gaseiro.

O Comité Cidadáns de Emerxencia da Ría do Ferrol (Adega, Ateneo Ferrolán, Asociación ‘Fuco Buxán’, Eurosaude e F-Cape) denuncia que estes barcos con carga de gas non poden entrar na ría, pois non dispón dun plano de emerxencia e de que só poden saír cada 12 horas, coa pleamar, polo que a súa presenza é “unha bomba de reloxaría”.

Tamén denuncian que Reganosa só conta con autorización da Delegación do goberno para a súa posta en funcionamento e non do Ministerio de Industria.""



POR CERTO INTERNET ESTA PLAGADO DE VIDEOS DE BOMBAS DE GAS, PERO SEMPRE SON EXPLOSIÓNS MÁIS PEQUENAS QUE A QUE PODE CAUSAR A NOSA PLANTA POSTO QUE SI ESTA ESTOUPA NON DEIXARIA NEN UNHA CAMARA, NEN TESTEMUÑA. Ainda asi podenos servir de exempo, por certo hay unha páxina que esta moi ben chamada http://www.noalaplantadegas.org sobre uns cidadáns cun problema similar o noso aínda que a planta contra a que loitan eles e moito máis pequena.

Nenhum comentário:

Avanti Popolo!!