terça-feira, 22 de maio de 2007

DEBATE EN LOCALIA


Son as doce e o debate en localia sobre as eleccións municipais acaba de rematar, decir que os únicos politicos que se preciaron a empregar o galego foron os candidatos do BNG e de EU. Neste debate falouse da planta de gas e polo que parece tan so a candidata de EU e mais o candidato dos Verdes mostran unha postura claramente oposta a este problema. De feito o BNG, que foi un autentico traidor neste asunto dice que non ten nada que decir sobre a planta xa que non é da súa xurisdición e ata chegou a criticar de forma mais ou menos expresa as medidas adoptadas polos mariscadores por consideralas ineficaces. TALVEZ O SEXAN, TAL VEZ NON PODAMOS CONSEGUIR NADA, pero non nos podemos quedar de mans cruzadas.

Un candidato,agora non recordo que, mencionou que a planta era un risco como otros mais que temos. Pero o que non se danconta esta xente e que si un tolo pon unha bomba saimos todos polos aires, polo que considero a planta como un perigo terrible para non. DIGAN O QUE DIGAN OS SEÑORES DO PSOE, PP ou Bng. Sinto tomala co BNG pois ata hai pouco pensaba que era o meu partido agora sei que son iguais que os outros. NON NOMBREI A IF, porque ainda que considero que son do peorciño que hai polomenos recoñecen problema que temos.



O NOSOS PROBEMAS:
1º A PLANTA DE GAS

2º A QUEN VOTAR:

PP: a extrema dereita disfrazada? antes morto.

PSOe: a un pijo neo progre, na vida lle voto se nen sequera vive en Ferrol.

IF: especuladores, de dereitas, corruptos... case que non lles voto.

BNG: vos, traidores, vos a que eu apreciaba polos que eu me manifestei, vos que mereciades o meu voto. A VOS NON VOS VOTO, POR TRAIDORES, POR CHAQUETAS, POR MENTIROSOS.

EU: pese a que o outro dia na manifestación so foi a sacarse a foto, é a unica de todo o debate que penso que pode merecer o meu voto. PERO TEÑO DUDAS

VERDES: Manuel é un tio simpatico, cercano o pobo, compremetido co mediambiente e en contra da planta de gas o único fallo que ten é que descoñezo o seu programa electoral sei que non o fai a mala fe pero meu querido amigo teño que saber a quen vou votar. SE FORA SO A EL, por suposto que lle votaba pois como xa dixen e moi boa xente pero non coñezo o resto da lista. Ainda así penso que ou lle voto a el ou a EU. Sinto Manuel pero é que un comunista galego ou lle vota a Upg ou lle vota a Eu, se o final recibes o meu voto sei que o mereces como o que máis.

TERRA GALEGA: Por dios que non se disfracen, vese a legua que son os do pp con camuflaxe a estes non lles voto.

NOS-UP: MEUS CAMARADAS, SE NON FORADES TAN LUSISTAS, tan alfacinhas votaríabos a verdade e que me caedes moi ben pero e que non me gusta que escribades en portugues aidan así decirbos que sodes do mellorciño de Ferrol.
h

5 comentários:

Juan Juncal (o de mentira) disse...

NÓS-UP non se presenta en Ferrol, así que o PP non vai ter competencia. BOTA AOS DO PP! (dunha patada no cú, claro está)

Anônimo disse...

vota al pp,pp para ferrol, pp paragalicia, pp para españa

Xiru k disse...

Lendo a incertidume de a quem votar, fum concordando, sempre votei ao Bloque,e ja ves, escrevo em reintegrado ou Galego-Portugues, tu em Galego-Castelam,debias perguntar-te, porque che amola tanto a grafía, penso que é preconceito....

No fim, ainda tambem tenho dúbidas.....a traiçom do Bloque foi uma punhalada trapeira, e o que me amola de Nos-Up nom é a normativa, é o tom do discurso.

Anônimo disse...

Para Memela:
E logo, quando foi a traiçom do BNG? Que che diches conta ainda agora? Tiverom que chegar à Junta para saber que "todos som iguais"?, espero que também votaras APU porque se nom vaia independentista que estás feita... Por certo quel é o tom do discurso de NÓS-UP que tanto te molesta?. Sabes qual é o discurso de NÓS-UP? Ou te fias do que che contam?

Anônimo disse...

A min tampouco me gusta como escriben os lusistas:

-Empregan palabras do portugues existindo termos galegos, moitas palabras a súa vez son préstamos do portugués.

-Empregan mal a grafia portuguesa escribindo asi un mal galego e un peor portugues.

-Moitos deles escudanse no portugues para camuflar a súa falta de dominio da lingua(hainos que nin poden pronunciar ven unha por eso din uma)

-Os vellos non os entenden mesmo cando falan,

-Moita xente non entende o que escriben


¡ANTES MORTO CA ALFASIÑA!

Avanti Popolo!!