sábado, 16 de fevereiro de 2008

Ocorreu en Santiago.

Persoalmente de ser eu o que estivera detrás do que ocorreu en Santiago, non o faría desa forma. Coido que o que fixeron os membros de AGIR non foi o máis apropiado.


Cando un conferenciante ven a dar unha charla a universidade, debéselle deixar entrar e dar tal discurso. Pero iso non quere dicir que se lle deixe de boicotear.

O malestar pola súa visita, pódese dar dunha forma moito máis eficiente se non se recorre á descalcificación e aos insultos. Pois esta señora, que queirámolo ou non, ten todo o dereito a expor as súas ideas. Están poden parecernos máis ou menos estúpidas , pero amiguiños, vivimos nun estado “democrático” e se queremos facer algo pola nosa terra debemos xogar coas regras deste xogo. Xogo desigual, no cal xogamos con desvantaxe, pero isto non quere dicir que vaiamos a perderder esta partida.

En canto a forma de protesta máis efectiva, coido que sería a forma pasiva. Deixade que dea a conferencia, a un salón bacío. Tamén podedes acudir masivamente a conferencia e unha vez dentro boicoteala: abride un periódico e empezade a asubiar, a xogar as cartas, a vos bicar, podedes mesmo aproveitar e tratar de facerlle preguntas trampa. En poucas palabras, facer como se a conferenciante non estivese a falar. De seguir estes pasos, veredes o pouco que tarda en marchar ela mesma ou en comezar a berrar e mesmo a vos insultar, e se facedes un vídeo pode quedar xenial. Tal vez tampouco estaría de máis organizar unha manifestación autorizada na cal se mostrara o desacordo coa visita desta política.

Todos sabemos as acusacións que caeron na prensa sobre os rapaces, eu vin imaxes da acción e coido que a inmensa maioría son infundadas. Enre outras cousas os nosos compatriotas recibiron golpes por parte dos axentes de seguridade cousa que non apareceu na prensa nacional.

Digan o que digan, a dereita máis dura ganou esta vez a batalla, meus queridos camaradas, pensade mellor o que ides facer para a outra vez.

¡ NON A CENSURA!¡NON A PERSECUCIÓN DA MOCIDADE INDEPENDENTISTA!

17 comentários:

Anônimo disse...

Unha vez máis concordo co que dis Bardo,alédame comprobar que es capaz de ler máis alá das palabras, e interpretar e sacar as túas propias conclusións, cada vez que sae alguén coma ti dentro da mocidade galega, teño esperanza no futuro, e penso que a loita dos nosos antecesores non foi en balde.
Eu tamén penso que se equivocaron , esa non era a forma , e ademais servironllelo en bandexa aos "españolistas".
Pero ben, por outra parte tamén é necesaria unha xuventude universitaria revolucionaria e contestataria senón a universidade convertiriase nunha fábrica de borregos.
Viva Galiza Republicana

Anônimo disse...

BONITA FOTO DE SAN HIT(ler)

Anônimo disse...

http://www.visitlosmonegros.es

Anônimo disse...

A facultade de Económicas traen á imnombrable esa par dar unha conferencia sobre " a muller na sociedade actual" paréceme un insulto e desde logo un desafío á intelixencia dos estudantes de Compostela. Era sabido que o que pretendían era o que era, en fin ...
Liberdade para os detidos!!!

Anônimo disse...

Claro como o PP non ten nada que rascar no País Vasco , tráennolas vellas glorias aos galleguitos, que te somos gente de bien y tontitos de remate , pero non contaban con que "lle saíu un dente á rancha"

NON VOLTARÁN NON NON NON

Anônimo disse...

Insulto é que nacionalistas chiflados (véase Beiras) representen a galiCIA.

bardo do vinho disse...

Beiras tiña as súas cousas pero foi un bo político. Vergonza é que unha terra sexa representada por persoas con cargos durante a ditadura e involucrados en asasinatos, véxase Fraga.

http://augasceives.nireblog.com/post/2008/02/13/fraga-e-citado-polos-asasinatos-do-3-de-marzo-de-1976

Anônimo disse...

Anónimo "confudes o cu coas temporas" , moi bo o teu argumento.
Pola sombra ho!!!
Non voltarán non non non

Anônimo disse...

O do cu dilo por Beiras?

Anônimo disse...

Xa che gustaría a tí ter a millonésima da millonésima da millonésima parte de intelixencia do Sr. Beiras. Independentemente de que concordes coas súas ideas ou non.
Non erades vós os que sempre criticades a falta de respeto de algunhas interevencións???

Anônimo disse...

A comparación de Beiras co cu foi vosa. Por certo, o da intelixencia dilo pola talla do zapato o por que?
Porque outra cousa non fixo. Se pos aquí os grandes méritos de Beiras, porque eu teño tan mala memoria...

Anônimo disse...

Sabías que es patético? Pois agora xa o sabes. Non perdo máis o tempo contigo, querido amigo.
Ala a disfrutar do sábado e do domingo.

Non voltarán, non, non, non.......

Anônimo disse...

Vale máis unha cullerada de merda de Beiras que toda a túa cara, ala valéche así??

Anônimo disse...

Si, Beiras é moi bo. Con representantes como Beiras así nos vai. E con xente coma vós, Galicia sí que non vai progresar na vida. Sodes radicais e non sabedes máis ca insultar. Ala, ide sacar os zapatos.
PD.: se non me viches a cara que vas saber? O que non vale nada son as vosas caras, a vosa inútil lingua, a vosa inútil nación, as vosas inúteis ideas, etc. etc.
MUITA MERDA!
EI CARBALLEIRAAA!!!
PD2.: Ahora vas y me lo censuras guapo.

Anônimo disse...

Ei, Ei Ei chavalote o Ei Carballeira é meu e eu non estou no teu lado asi que non xogues a confundir... Estamos no de sempre vós sodes os que empezades a insultar e pretendedes que non vos contestemos pois hai que ser consecuente...
Mira homiño o que tedes que aprender é a dialogar con razoamentos e aceptar os razoamentos dos demais, esta debe ser unha loita dialéctica , pero claro como non tedes argumentos só utilizades o insulto. Imos ver quen sacou aqui a Beiras???
Tedes moito que aprender sodes moi viscerais e así non se vai a ningún lado.Xa teño manifestado que eu son capaz de dialogar aínda que non comparta opinións pero vós nada erre que erre, pois vale , pero eu non perdo o tempo.
Veña a pasalo ben. Gostaría de que se dese un debate serio e intelixente sen desvirtuar a ninguén pero claro xa vexo que iso é moito pedir.
Viva Galiza Libre e Republicana
Viva a Nosa Lingua
E que non morra ninguén

Anônimo disse...

Para mi que uste diga que Galicia no pertenece a España es un insulto, una aberración y un desacato tanto a la legislación vigente como a la Constitución.

Anônimo disse...

Estou abraiado Sr. Anónimo (último anónimo)acabo de reler todas as intervencións é non atopei ningunha na que se diga que Galiza non pertence a España( aínda que así fose -que xa digo que non o é- en ningún caso sería: "insulto, aberración nin desacato", sería simplemente MENTIRA,( ou cando menos confundir o desexo coa realidade).
Así que sería de agradecer:
1º Ler despacio ecomprender o que se le (aínda que non se comparta)
2º Non facer afirmacións sen ton nin son
3º Saber os significados das palabras que se usan, neste caso: aberración,insulto, desacato.

Avanti Popolo!!