segunda-feira, 22 de setembro de 2008

Digamos verdades


Cando unha persoa ansía con acadar algo, cando a súa máxima na vida é algo concreto fará todo para acadalo. Se o que desexa é algo permitido, e se lle dan as facilidales para obtelo farao polos medios legais se é que é unha boa persoa; así por exemplo son moitos os que traballan a reo durante anos para mercar unha casa.

Namentres, se ilegaliza o proceso lexítimo para conseguir un fin(sexa cal sexa). E se de verdade é importante para a persoa acadar o que desexa, farao sen importarlle as consecuencias. Por poñer algúns exemplos: durante o franquismo eran moitos os homosexuais que se negaban a lei lles negase o dereito a amar, durante a idade media eran moitos os xudeus que se negaban a renunciar a súa relixión.

No ano 1930 un pequeno grupo de militantes do partido militantes del partido Aberri, fundaron o seu propio partido xa que non desexaban pasar a formar parte do PNV(xa que a súa ideoloxía era aconfesional, republicano e socialdemócrata). Acción Nacionalista Vasca foi o primeiro partido vasco da esquerda nacionalista. O 9 de febreiro de 2008 cumpríronse 69 anos da ilegalización de ANV durante o franquismo, pese a ilegalización o partido seguiu funcionando na clandestinidade durante 40 anos. O 16 de septembro de 2008 o Tribunal Suprímemo volveu ilegalizar ANV. Hai sesenta e nove anos o ditador xustificou a ilegalización da seguinte forma “para liquidar las culpas contraídas por quienes contribuyeron con actos u omisiones graves a forjar la subversión roja, mantenerla viva durante más de dos años y entorpecer el triunfo, providencial e históricamente ineludible, del Movimiento Nacional”; sesenta nove anos despois a xustificación é “para garantizar el funcionamiento del sistema» y de perseguir a las opciones políticas que «pretenden revisar el propio marco institucional”[citas sacadas dun artigo do Diario Gara].

Pero en Euskal Herria non hai nin haberá soamente un partido. Ao igual que no noso país(no que existen partidos nacionalistas independentistas, e nacionalistas non independentistas de diferentes formas e ideoloxías).

Namentres que existen moitos que xa abandonaron ou que foron obrigados a abandonar a loita pola vía política,a Sentencia con data 11 de Setembro de 2008 declarando a inconstitucionalidade da lei aprobada polo Parlamento Vasco o 27 de Xuño de 2008(a cal regula a convocatoria e regulación dunha consulta popular co obxectivo de recoller a opinión da cidadanía na Comunidade Autónoma do País Vasco sobre a apertura dun proceso de negociación para acadar a par e a normalización política e a realización dunha consulta popular o 25 de outubro de 2008). Négalle o pobo vasco o dereito a decidir. Esta Sentencia non vai facer nada por frear os violentos, nen vai a acadar a desexada páz. Tan só nega a solución pacífica do conflicto.


Como xa dixen antes, cando unha persoa ten un só obxectivo na vida, fará todo canto sexa necesario para acadalo. Ao igual que no pasado moitos decidiron loitar na clandestinidade e contra un sistema que castigaba coa pena capital, serán moitos os que decidirán seguir o seu legado. Pola miña parte, considérome unha persoa pouco violenta e a que non lle agrada ver o vermello sangue derramado no chan. Polo que, de forma pacífica, apoio o texto en “ Defensa dunha Consulta Popular no País Vasco sobre a paz e a normalización política”

Primeiro foron a polos xudeus,
e eu non falei porque non era xudeu.
Despois foron a polos comunistas,
e eu non falei porque non era comunista.
Despois foron a por os católicos,
e eu non falei porque era protestante.

Despois foron a por min,
e para entón xa non quedaba ninguén que falase por min.


Dato: En total unhas 550, todas elas militantes de ANV, morreron defendendo a liberdade a e a dignidade republicano na contenda desatada polos fascistas en 1936. Todas elas tomaron as armas xunto a xente da CNT, do PCE, e o PSOE(naqueles tempos, a única forma de defender a liberdade era mediante as armas).




2 comentários:

FerrolDenuncia disse...

Enlace eliminado.
FerrolDenuncia no va a promover un blog en el que se hace apología del terrorismo y se defiende a un partido ilegalizado.

bardo do vinho disse...

Como xa dixen moitas veces, digo as cousas tan el como as penso. Son responsable do que digo, pero a miña opinión non ven condicionada por nigun partido político, asociación, ou opinión mediáctica.


Creo que xa me mostrei en contra do terrorismo moitas veces,e non penso facer nengun comunicado nen nada polo estilo, xa que nunca fixen apoloxia do terrorismo, ao contrario critiqueino(quen o desexe que consulte entradas anteriores).

Os datos que citei de ANV, son certos e imparciais, agora que con eles cada un pode chegar as súas propias conclusións.

Quen renega do que realmente pensa, non merece a súa mente.

Avanti Popolo!!