segunda-feira, 8 de setembro de 2008

Menor é apuñalado en Urquinaona(Barcelona)a mans de neonazis.



O sábado 6 de setembro, sobre as 6 da tarde foi agredido un rapaz de 16 anos por un grupo de neonazis. O rapaz, que ía en compaña da súa moza e do seu irmán pequeno, un neno de oito anos, foi atacado por un grupo duns nove skins nazis.


Os agresores increparon aos rapaces cando se dispuñan a baixar do metro na parada de Urquinaona, o rapaz apuñalado defendeu a súa moza dunha agresión e como resposta os nove nazis comezaron a agredilo e a insultalo sendo apuñalado cunha arma branca no ombro e no torso. Afortunadamente, foi trasladado a un hospital en ambulancia e está consciente e fora de perigo.


Non é a primeira vez que un grupo de neonazis ataca a un menor indefenso, de feito é algo bastante máis frecuente do que nos pode parecer. O chamado “terrorismo fascista” non esta recoñecido polos medios, nin existe unha organización de vítimas con tanto poder político como no caso da AVT. Namentres son moitos os que morren por defender a liberdade, ou os que simplemente tiveron a mala sorte de ser a vítima perfecta para alguén que os consideraba inferiores.


Se de verdade a sociedade desexa rematar coa violencia, é necesario que antes a recoñeza en tódalas súas formas, e non só naquelas cuxa manipulación é politicamente útil. Tamén a sociedade ten que ter claro unha cousa, non se pode ser tolerante con alguén que non o é. Non se pode permitir que existan organizacións responsábeis da morte de inocentes, non se pode permitir que goberne xente que ten as mans manchadas de sangue. Pero unha vez máis, neste mundo de ovellas atolondradas guiadas por lobos, so vemos e so encarceramos aos asasinos que lles interesa que vexamos.



pd: A foto da noticia foi sacada tras recoller as armas brancas que deixaron tiradas uns neonazis cando atacaron o Centro Social Okupado de La Traba.

2 comentários:

Softwareyutilidades disse...

¿Por qué no se hace un artículo sobre los incidentes que están ocurriendo estos días en Roquetas con inmigrantes implicados hasta el cuello?

bardo do vinho disse...

x que:

1- xa saiu nos medios todo o que tiña que sair.

2- non se tivo tempo

Avanti Popolo!!