segunda-feira, 1 de setembro de 2008

Sergio González, un facha iñorante, férido e duro, non nos entendende non


O XOGADOR DO DEPORTIVO NO 'DÉPOR SPORT'

Sergio González: "O galego é coma o asturiano. Non son idiomas. Eu creo que son dialectos"

Nunha entrevista publicada o domingo no xornal dependente do clube coruñés, o xogador, nacido en Hospitalet, métese no mar sen roupa de augas.

A conversa, publicada en tres páxinas e en cen preguntas, deu para moito. Política, matrimonio homosexual, cafe ou té..., pero a declaración máis rechamante do centrocampista do Deportivo chegou na pregunta 40. 'Cantos idiomas fala?', "Ben, só o castelán". 'O catalán tampouco?', "Si, pero o catalán é un dialecto, non é un idioma, igual que o galego. É coma o asturiano. Eu creo que son dialectos, non os considero idiomas".

Sergio aclara tamén que o inglés ten o do BUP. Disque o inglés si é un idioma.Sergio, nacido en L'Hospitalet e xogador da selección catalá, chegou ao Deportivo no ano 2001. Na entrevista, na que trata un cento de temas, dende as súas habilidades coa lavadora, a que idade perdeu a virxindade ou que opina do botellón, afirma tamén, preguntado polo matrimonio gai, que "o home é para a muller e a muller para o home".


Fonte: vieiros e o blog dos celtarras

6 comentários:

Anônimo disse...

Son dialectos coa categoría de idioma en realidade. Categoría otorgada de forma fraudulenta e inxusta.

Anônimo disse...

vaia mongol esta feito o sergio ese dos collons. pero esta claro, e pura cascarilla, e a merda que chea de lixo a gz

illa illa illa!!!!!!!!!!!
puta cascarilla!!!!!!!!!!!!!!

Anônimo disse...

Independentemente que non comparto os ideais cascarilleiros, comparto a opinión de Sergio González, dado que son linguas que foron quedando atrasadas debido á nula actualización e ao illamento deses territorios.

Anônimo disse...

Podese dicir que o galego, o castelan e o catalan foron nun principio dialectos do latin, pero co paso do tempo convertironse en linguas.

Con respecto a relación que teñen o galego e o castelan. O galego é unha lingua moito máis antiga, polo que de ser unha destas linguas un dialecto, o castelán pode considerarse como un dialecto do galego; nunca ao reves

Anônimo disse...

Jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja.
O nunca visto... o castelán dialecto do galego. O galego é unha variante do portugués, dado que Galicia sempre foi unha zona illada e, polo tanto, cunha desactualización permanente na fala (todo o contrario que agora).
Porén, se seguides querendo defender linguas residuais e perdendo o tempo, é cosa vosa.
Penso que o obxectivo dunha lingua é a comunicación e, polo tanto, hai que empregar as máis extendidas. O mesmo pasa por exemplo cos Sistemas Operativos, os códigos de programación, os alfabetos, etc. (A ninguén se lle ocorre hoxe en día empregar o alfabeto exipcio, non si?).

Anônimo disse...

Home se eu fose exipcio empregaria o alfabeto co que aprendera q escribir, ainda que posibelmente tamén aprenderia outros.

Avanti Popolo!!