domingo, 27 de maio de 2007
¡¡¡¡CHIMPAMOS A JUNCAL!!!
Pois alégrame poder decir que os ferroláns conseguimos chimpar a Juncal, esa é a boa noticia do día a mala é que para o chimpar tivemos que abrazar a Irisardi, esperemos que o cambio fose para millor pero ata dentro de catro anos non o saberemos.
O que si que me alegrou o día foron os escaños acadados por Eu. Catro escaños que poden conseguir moito se son ben usados e espero que asi sexa. O dato triste do día foi que o meu partido favorito para estas eleccións non acadara mais que 377 xa que os xirasoles non arrasaron como eu quixera pero asi e a vida.
Dende esta web dirixo o mais sentido pesame os membros do Bng e espero que recuperen os seus votantes para as xenerais, decirlles os membros de este partido que de non ser por que estan a favor da planta de gas acadarían moitos máis votos, unha magoa que non se opoñan a esta pranta. É unha pena que un partido cuns ideais tan nobles como o Bng se volva a menos por non saber apoiar o pobo, por decilo asi estan un pouco aburguesados.
Vendo o paronama politico do BNG, vese que necesita unha nova ráfaga de vento, unha nova era de explendor pois se queremos unha autoderteminación para a nosa terra este partido é necesario. Nun futuro seria un pracer de ver si EU-BNG-VERDES formaran un tripartito que realzase esta cidade, enfin un soño teno calquera.
FELICIDADES A EU, DENDE LOGO QUE MERECEDES CADA UN DOS VOTOS PERO TRATáDEOS BEN POIS CADA VOTO É UNHA ILUSION E TEN UNHA VIDA DETRAS POLO QUE NON É UN PAPEL CALQUEIRA
Assinar:
Postar comentários (Atom)
4 comentários:
Boas¡¡
Coincido contigo en que botamos a Juncal e a Fernandez(este só esta no Concello para autobeneficiarse, vexase Menáncaro e outras lerias...). No caso do BNG, discrepo. Eu penso que se baixou botos foi por ter un mal candidato que ninguén coñece, o PSdeG tampouco apoio a pranta de gas e subiu. E logo Esquerda Unida subiu porque baixou o BNG, o electorado ferrolán máis de esquerdas repartese entre BNG e EU. Penso eu.
Non sei, penso que o psoe recibiu os votos de If, que perdeu tres escaños. Os votos do Bng foron merebados sexa por que fora e moitos foron a parar a Eu pero tamen a o PSOE.
Amais o ser Irisardi surfista e un poucquiño pijo todo hay que decilo moitos pijos votárono polo que creo recibiu unha gran dos votos da xuventude.
AUPA PP! VIVA PP! VOTA PP!
Os votos que perdeu o bng foron por apoiar a tojeiro (vexaxe o conselleiro de industria celebrando a entrada en funcionamento de reganosa). Moitos destes votos foron para EU e outros non votaron. Foi curioso ver a reaccion de Pita no debate electoral cando Yolanda Diaz sacou o tema da pranta.
Postar um comentário