quarta-feira, 30 de maio de 2007
A PLANTA DE GAS, UN PROBLEMA SEN SOLUCIÓN?
Breve ensaio sobre como lograr vencer a este inimigo mediante a acción directa non violenta.
Actualmente estase empregando a acción directa para tratar de sabotar a posta en marcha da planta de gas. Dita acción directa consiste en impedir a chegada de gaseiros a planta mediante o uso de barcos dos mariscadores esta acción esta resultando bastante efectiva pero este ensaio fala de como lograr o fin dunha forma máis rotunda.
1º A poboación de Ferrol supera os 70.000 habitantes se logramos concienciar e convocar a un terzo da poboación ou sexa 13.000 persoas seria unha masa de xente suficiente para o noso fin. O erro que se esta a ter na loita contra o gaseiro e que os mariscadores teñen todo o protagonismo se logramos que un porcentaxe da poboación mais elevado sexa participe da loita poderemos lograla vitoria.
2º En Ferrol acaba de haber eleccións e é o momento ideal para esixir os politicos que se posicionen nesta loita e que nos apoien totalmente. Magoa que o partido máis votado parece moi contento coa pranta e de non cambiar de opinión debe de pedirse a dimisión do executivo tan pronto como tome posesión.
3º Os subornos foron e serán empregados por Tojeiro para tratar de acadar a vitoria de feito no caso de que os mariscadores recibiran unha indemnización correriamos o risco de perder definitivamente esta batalla pois ditas indemnizacións serian un suborno exactamente igual que as moedas que os romanos lle deron a Xudas.
4º É certo que a policía carga e o seguirá a facer pero se nos fixamos no seu plan de ataque veremos que é vulnerable, con dous mil cidadáns empurrando poderiamos tirar os policías o mar sen dano físico para ninguén. Claro que a policía pode facer detencións pero nunca lograra deter a unha cidade unida.
5º Non se esta a empregar os castelos de San Felipe e a Palma, se pasamos unha cadea por ese estreito como se facía antigamente impediremos o paso de calquera barco. A toma dos castelos pelo pobo seria ademais un símbolo de liberación, no caso de que os castelos foran tomados aconsello izar unha bandeira esa bandeira que pola que todos sentimos cariño isa que ten un fondo branco e unha franxa azul sobre a que destaca unha estrela vermella, símbolo da liberdade.
6º Como se pode ver este plan de loita é un plan de acción directa en principio non violenta pero si moi activa. Esta acción directa seria a semellante a realizada nos tempos da ditadura pois xa que o goberno se comporta como facía hai tempo o pobo debese de comportar igual que o fixo cando loitaba contra os grises. DEBEMOS BUSCALO APOIO DOS XOVENES POIS MOITAS VECES ESTAN DISPOSTOS A FACER TODO O NECESARIO POR UNHA CAUSA XUSTA
APOIO:
O apoio actual é insuficiente, debemos de tratar de apoiarnos uns os outros. Opoñerse a pranta de gas e dicir si o medio ambiente si a un futuro. Esta resistencia que se esta a facer é un claro exemplo de Resistencia Galega non violenta.
RESUMEN:
Impedir a entrada dos gaseiros, e debido a forza do número facerlle frente a policía. Non sabotear a pranta só dende o mar senon tamen dende a terra e NUNCA, NUNCA XAMAIS, empregar lume ou explosivos pois a pranta rebentaria con nosco pelos aires
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
Muy buena la lucha que teneis montada. Aquí en Xixón, Asturies también nos quieren poner una planta regasificadora. Tenemos una sección dedicada al tema y sería bueno poder unir fuerzas http://www.asturiasverde.com/temas/regasificadora/
Saludos y suerte
Postar um comentário