O que ocorreu onte en Madrid non foi un acto de necesario da policía para evitar un enfrontamento entre vandas, senón que foi unha acción esaxerada da policia para defender un acto nazi. As cargas policiais causaron unha reacción nos manifestantes igual de violenta.
Varias organizacións de ideoloxía neonazi convocaron un mitin nunha praza no cosmopolita barrio de Lavapiés, para moitos todo un símbolo de cosmopolitismo. A praza onde se pretendía facer o mitin nazi é para moitos un dos puntos clave da loita antifascista xa que nela é onde se acostumou a realizar as manifestacións de esquerda.
Ao mesmo tempo que o mitin convocouse unha manifestación antifascista co obxectivo de mostrar o rexeitamento das ideas nazis. A manifestación pretendía evitar o mitin por considerar que debería de ser ilegal a existencia de partidos de extrema dereita. Os cales defenden entre outras cousas o xenocidio xudeu e consideran necesaria a expulsión de “España” de todo estranxeiro.
19.15: A plaza Tirso de Molina esta tomada polos antidisturbios, con equipo de combate(cascos, escudos, porras e escopetas de bolas). Cortan todas as entradas a plaza, en total son uns vintecinco furgóns. Pretendese expulsar a toda a xente da plaza.
19.23: Hai xente esperando as portas da sede da CNT, algúns falan coa policía. Fai uns minutos houbo un amago de carga nunha das rúas que baixan cara Lavapiés contra un grupo de inmigrantes. Escoitouse a un mando policial dicir “A ningún guarro se la va dejar entrar a la plaza”
19.30: A policía manten unha aptitude moi agresiva, cos escudos postos. Estase xuntando moita xente, unhas duascentas personas cantan cantando "Madrid siempre antifascista", "No pasarán" e "Carlos hermano, nostrxs no olvidamos."Na porta da sede da CNT segue habendo xente do sindicato para gardar o local rodeados por antidisturbios.
19.38: A xente estase reunindo na ría Mesón de Paredes, que baixa cara Lavapiés. Ao final da rúa hai unhas 300 persoas. A policía mantén cerrado o aceso a praza e a xente canta: "Nativa o extranjera, la misma clase obrera" e "Nazis no."
19.53: A xente corea "A por ellos, como en Paracuellos" e "Ni rascismo ni xenofobia". A idea é quedarse onde se esta, dar un mitin e aguantar o que se poida salvo que a policía cargue desmesuradamente. OS antidisturbios plantados na porta da CNT non permiten a entrada nin a saída da xente do sindicato.
20.00: Estanse formando tres bloques de xente: un dunhas 350 persoas na, outro de 150 e outro máis dunhas 100 persoas. Despréganse bandeiras vermello-negras(da CNT) e cantase "Luchar, crear, poder popular" ante a ameazante actitude policial os manifestantes protéxense facendo barricadas cos caldeiros do lixo.
20.05: Onde se levanran adoquín(na rúa
20.13 Nalgunhas rúas levantanse adoquíns para lanzar contra a inminente carga policial para cortar a manifestación, noutras zonas hai moita xente pero non se levantan barricadas.
20.25: Hai policías nos tellados que dan cara a plaza Tirso de Molina e un helicóptero comeza a dar voltas cada vez máis baixo o que denota que se aproxima a marcha Nazi. Na concentración entre tres rúas e coa xente algo dispersa calcúlase unha asistencia dunhas 800 persoas que cantan "Carlos, hermano, nosotrxs no olvdamos."
20.34:A policía carga nas tres rúas. Esta habendo enfrontamentos. Na rúa Espada arde unha barricada e a xente faille fronte a policía que dispersa pelotas de gomas e gases lacrimóxenos. Todo o barrio esta chego de gas, na rúa “Jesús e María tamén arden as barricadas, a primeira liña de manifestantes sigue respondendo con pedras ante as bolas dos axentes.
20.45: Os axentes continúan lanzando pelotas de goma e gas lacrimóxeno. Unhas 300 persoas móvense cara a rúa Encominenda e outro grupo dunhas cen sube pola Travesía de
20.57: No local da CNT hai un amago de carga, intentan deter a xente pero non o logra. Feren a un rapaz de 30 anos na cabeza cun bote de fumo. Ta rúa Toledo hai tamén barricadas e algúns empréndena cos escaparates de Bancos, Grandes Negocios e cabinas telefónicas. Chegan os bombeiros. En total son unhas 900 persoas as que agora tratan de entrar na por esta rúa cara Tirso de Molina.
21.02: Quéimanse barricadas na rúa Toledo e obrigase a dar volta ao camión dos bombeiros para evitar que apague as barricadas. Ante as repetidas e violentas cargas algúns activistas retroceden cara o metro Latina. Pero rodeando a praza segue habendo unhas 500 persoas e bastantes máis nos arredores.
21.09: O bloque principal retrocede cara a Porta de Toledo, unhas 200 persoas seguen facendo barricadas polo camiño. Dise que hai uns 50 nazis na Praza Maios. Un mozo de 22 anos é hospitalizado por un disparo con pelota de goma cara a meixela. Tamén se comenta que pode haber un detido.
21.15: O bloque principal agora dunhas 150 persoas, trata de dirixirse cara a Praza Maior. Acurralan a 5 antidisturbios os que se defenden lanzando balas de goma a queimaroupa. Chegan máis axentes na súa axuda obrigando a xente a baixar cara Embajadores.
21.40: Tras un par de carreiras máis o bloque que se dirixía a praza maior vaise disolvendo. Tamen se producen alguns enfrentamentos aillados e non hai case activistas xa nas rúas. O rapaz de 22 anos ingresado atópase en estado grave.
21.50: En Lavapiés, á altura da calle Embajadores un grupo dunhas 200 persoas seguía defedéndose dos ataques policiais, con barricadas ardendo. Baixaron ata a praza de Lavapiés onde incendiaron un banco BBVA, romperon cristais doutros bancos e cortaron rúas coa chegada de novas cargas de antidisturbios.
A prensa burguesa pode dicir o que queira pero esta é a verdade. Dous antifascistas feridos graves e ningún nazi detido.
A policía protexeu o acto nazi e mesmo os escoltou coma si foran heroes ou como lles gusta chamarse “guerrilleiros de cristo”. Non defendo a violencia exercida de ningún dos dous bandos. Namentres penso que, en quente, eu faría o mesmo.
Ver como os nazis son legais nesta “democracia”, ver como a policía carga contra unha manifestación organizada, ver como non hai xustiza que defensa a túa causa ver como
os nazis resurxen das sombras sen que os partidos políticos digan nada. Dan ganas de pasar a acción directa, pero iso é o que queren. Tratan de obrigar a esquerda a que actue violentamente para ilegalizala e desprestixiala, tratan de obrigarnos a loitar con paus e pedras contra lexións de policías armados e entrenados para matar. Se lles seguimos o xogo, levámolas de perder. Calma, temos que ser máis listos.
3 comentários:
Disparos al aire
(El periódico de Catalunya)
"Miembros de la policía secreta montados en una moto llegaron a efectuar tres disparos al aire con un arma de fuego.
Una chica de los "antisistema" fue brutalmente apaleada en el suelo por la policía.
Cando se produjeron las primeras cargas policiales con pelotas de goma y gases lacrimógenos, los grupos antisistema comenzaron enseguida a quemar contenedores y a arrojar a la policía ladrillos, piedras y otros objetos.
Al final, los ultraderechistas pudieron celebrar su acto, en el que corearon consignas contra los inmigrantes y dieron gritos de "Heil Hitler" y "Viva España"
Con buenos o malos ideales, la concentración nazi tenía licencia del gobierno civil, documento del que carecía la concentración "antifascista".
Por otro lado, hay que comprender que la información publicada aparentemente está fuertemente manipulada. No sería lógico que todos los medios publicaran unos datos y solamente unos pocos publicaran todo lo contrario. Las evidencias están presentes para ser consultadas.
ok, ti faille caso a prensa burguesa e non protestes. Xa verás o que tardamos en voltar pouco a pouco a unha ditadura.
Postar um comentário