sexta-feira, 29 de fevereiro de 2008

Crónica dunha batalla




O que ocorreu onte en Madrid non foi un acto de necesario da policía para evitar un enfrontamento entre vandas, senón que foi unha acción esaxerada da policia para defender un acto nazi. As cargas policiais causaron unha reacción nos manifestantes igual de violenta.


Varias organizacións de ideoloxía neonazi convocaron un mitin nunha praza no cosmopolita barrio de Lavapiés, para moitos todo un símbolo de cosmopolitismo. A praza onde se pretendía facer o mitin nazi é para moitos un dos puntos clave da loita antifascista xa que nela é onde se acostumou a realizar as manifestacións de esquerda.


Ao mesmo tempo que o mitin convocouse unha manifestación antifascista co obxectivo de mostrar o rexeitamento das ideas nazis. A manifestación pretendía evitar o mitin por considerar que debería de ser ilegal a existencia de partidos de extrema dereita. Os cales defenden entre outras cousas o xenocidio xudeu e consideran necesaria a expulsión de “España” de todo estranxeiro.

Nin os fiscais nin a policía evitou que se organizase o mitin, nin ningún partido maioritario mostrou o seu rexeitamento. En cambio a policía si empregou a forza cos manifestantes antifascistas, os que ante a inxustiza, responderon coa mesma violencia coa que foron reprimidos.



19.15: A plaza Tirso de Molina esta tomada polos antidisturbios, con equipo de combate(cascos, escudos, porras e escopetas de bolas). Cortan todas as entradas a plaza, en total son uns vintecinco furgóns. Pretendese expulsar a toda a xente da plaza.

19.23: Hai xente esperando as portas da sede da CNT, algúns falan coa policía. Fai uns minutos houbo un amago de carga nunha das rúas que baixan cara Lavapiés contra un grupo de inmigrantes. Escoitouse a un mando policial dicir “A ningún guarro se la va dejar entrar a la plaza”

19.30: A policía manten unha aptitude moi agresiva, cos escudos postos. Estase xuntando moita xente, unhas duascentas personas cantan cantando "Madrid siempre antifascista", "No pasarán" e "Carlos hermano, nostrxs no olvidamos."Na porta da sede da CNT segue habendo xente do sindicato para gardar o local rodeados por antidisturbios.

19.38: A xente estase reunindo na ría Mesón de Paredes, que baixa cara Lavapiés. Ao final da rúa hai unhas 300 persoas. A policía mantén cerrado o aceso a praza e a xente canta: "Nativa o extranjera, la misma clase obrera" e "Nazis no."

19.46: O bloque de 200 persoas desprega unha pancarta que pon "Ni olvidamos ni perdonamos", xunto coa cara de Carlos(camarada asasinado non hai moito). Sigue chegando xente e o principio da rúa hai policías con escudos de metal.

19.53: A xente corea "A por ellos, como en Paracuellos" e "Ni rascismo ni xenofobia". A idea é quedarse onde se esta, dar un mitin e aguantar o que se poida salvo que a policía cargue desmesuradamente. OS antidisturbios plantados na porta da CNT non permiten a entrada nin a saída da xente do sindicato.

20.00: Estanse formando tres bloques de xente: un dunhas 350 persoas na, outro de 150 e outro máis dunhas 100 persoas. Despréganse bandeiras vermello-negras(da CNT) e cantase "Luchar, crear, poder popular" ante a ameazante actitude policial os manifestantes protéxense facendo barricadas cos caldeiros do lixo.

20.05: Onde se levanran adoquín(na rúa La Espada e na Mesón Paredes), ante a cada vez máis inminente carga policial a xente coloca as capuchas.

20.13 Nalgunhas rúas levantanse adoquíns para lanzar contra a inminente carga policial para cortar a manifestación, noutras zonas hai moita xente pero non se levantan barricadas.

20.16: Na porta da CNT hai uns 30 antidisturbios que non deixan saír a un grupo de persoas que se reuniran dentro, así mesmo reteñen a un membro do sindicato.

20.25: Hai policías nos tellados que dan cara a plaza Tirso de Molina e un helicóptero comeza a dar voltas cada vez máis baixo o que denota que se aproxima a marcha Nazi. Na concentración entre tres rúas e coa xente algo dispersa calcúlase unha asistencia dunhas 800 persoas que cantan "Carlos, hermano, nosotrxs no olvdamos."

20.42: Las primeras líneas de defensa de las 3 calles han retrocedido hasta la siguiente bocacalle, y continúan defendiéndose con piedras de obras, cubos de basura y elementos que se encuentran. Hay al menos un herido de bala de goma en la pierna, un joven de 19 años. Un helicóptero sobrevuela la zona marcado los movimientos de los activistas

20.34:A policía carga nas tres rúas. Esta habendo enfrontamentos. Na rúa Espada arde unha barricada e a xente faille fronte a policía que dispersa pelotas de gomas e gases lacrimóxenos. Todo o barrio esta chego de gas, na rúa “Jesús e María tamén arden as barricadas, a primeira liña de manifestantes sigue respondendo con pedras ante as bolas dos axentes.

20.45: Os axentes continúan lanzando pelotas de goma e gas lacrimóxeno. Unhas 300 persoas móvense cara a rúa Encominenda e outro grupo dunhas cen sube pola Travesía de la Encomienda. As barricadas arden e ao fondo, cara a praza Tirso de Molina vense bandeiras españolas.

20.48: Chegan uns cen nazis a la paza de Tirso de Molina. Fan un breve acto pero ao ver as cargas policiais contra o elevado número de antifascistas deciden marchar, despois de falar cos mandos policiais, e fano polo seu propio pé(a policía non lles di nada)

20.52: Recrudécense os ataques policiais e as manobras defensivas dos antifascistas na rúa Duque de Alba, que da Tirso de Molina. Arden cinco barricadas, a xente corre e hai moito fumo. Calculase que son en total un 500 antifascistas os que se acercan a praza.

20.57: No local da CNT hai un amago de carga, intentan deter a xente pero non o logra. Feren a un rapaz de 30 anos na cabeza cun bote de fumo. Ta rúa Toledo hai tamén barricadas e algúns empréndena cos escaparates de Bancos, Grandes Negocios e cabinas telefónicas. Chegan os bombeiros. En total son unhas 900 persoas as que agora tratan de entrar na por esta rúa cara Tirso de Molina.

21.02: Quéimanse barricadas na rúa Toledo e obrigase a dar volta ao camión dos bombeiros para evitar que apague as barricadas. Ante as repetidas e violentas cargas algúns activistas retroceden cara o metro Latina. Pero rodeando a praza segue habendo unhas 500 persoas e bastantes máis nos arredores.

21.09: O bloque principal retrocede cara a Porta de Toledo, unhas 200 persoas seguen facendo barricadas polo camiño. Dise que hai uns 50 nazis na Praza Maios. Un mozo de 22 anos é hospitalizado por un disparo con pelota de goma cara a meixela. Tamén se comenta que pode haber un detido.

21.15: O bloque principal agora dunhas 150 persoas, trata de dirixirse cara a Praza Maior. Acurralan a 5 antidisturbios os que se defenden lanzando balas de goma a queimaroupa. Chegan máis axentes na súa axuda obrigando a xente a baixar cara Embajadores.

21.20: Na rúa da Ruda a policía continúa cargando e a xente segue defendéndose con pedras, botellas e cubos do lixo, tamén se están empregando coches. Vense antidisturbios correr en dirección contraria, onde se están producindo outros enfrontamentos.

21.25: Hai bastante coches de bombeiros circulando polos arredores, o paisaxe é e barricadas de lume. Tamén hai bastantes corresponsais da prensa.

21.30: As furgonetas retíranse da praza Tirso de Molina e os gardas deixan libre a entrada da CNT segue habendo próximas a praza unhas nove furgonetas de antidisturbios.

21.40: Tras un par de carreiras máis o bloque que se dirixía a praza maior vaise disolvendo. Tamen se producen alguns enfrentamentos aillados e non hai case activistas xa nas rúas. O rapaz de 22 anos ingresado atópase en estado grave.

21.50: En Lavapiés, á altura da calle Embajadores un grupo dunhas 200 persoas seguía defedéndose dos ataques policiais, con barricadas ardendo. Baixaron ata a praza de Lavapiés onde incendiaron un banco BBVA, romperon cristais doutros bancos e cortaron rúas coa chegada de novas cargas de antidisturbios.

A prensa burguesa pode dicir o que queira pero esta é a verdade. Dous antifascistas feridos graves e ningún nazi detido.

A policía protexeu o acto nazi e mesmo os escoltou coma si foran heroes ou como lles gusta chamarse “guerrilleiros de cristo”. Non defendo a violencia exercida de ningún dos dous bandos. Namentres penso que, en quente, eu faría o mesmo.

Ver como os nazis son legais nesta “democracia”, ver como a policía carga contra unha manifestación organizada, ver como non hai xustiza que defensa a túa causa ver como
os nazis resurxen das sombras sen que os partidos políticos digan nada. Dan ganas de pasar a acción directa, pero iso é o que queren. Tratan de obrigar a esquerda a que actue violentamente para ilegalizala e desprestixiala, tratan de obrigarnos a loitar con paus e pedras contra lexións de policías armados e entrenados para matar. Se lles seguimos o xogo, levámolas de perder. Calma, temos que ser máis listos.

(Máis información)

3 comentários:

Anônimo disse...

Disparos al aire
(El periódico de Catalunya)

"Miembros de la policía secreta montados en una moto llegaron a efectuar tres disparos al aire con un arma de fuego.

Una chica de los "antisistema" fue brutalmente apaleada en el suelo por la policía.

Cando se produjeron las primeras cargas policiales con pelotas de goma y gases lacrimógenos, los grupos antisistema comenzaron enseguida a quemar contenedores y a arrojar a la policía ladrillos, piedras y otros objetos.

Al final, los ultraderechistas pudieron celebrar su acto, en el que corearon consignas contra los inmigrantes y dieron gritos de "Heil Hitler" y "Viva España"

Anônimo disse...

Con buenos o malos ideales, la concentración nazi tenía licencia del gobierno civil, documento del que carecía la concentración "antifascista".
Por otro lado, hay que comprender que la información publicada aparentemente está fuertemente manipulada. No sería lógico que todos los medios publicaran unos datos y solamente unos pocos publicaran todo lo contrario. Las evidencias están presentes para ser consultadas.

Anônimo disse...

ok, ti faille caso a prensa burguesa e non protestes. Xa verás o que tardamos en voltar pouco a pouco a unha ditadura.

Avanti Popolo!!