Pese a que Tanto Osetia do Sur como Abjasia xa se declararon independentes hai máis de dez anos, ata o momento non foran recoñecidos como países soberanos internacionalmente, pese a que se trata de dúas democracias.
Agora, tras ter que loitar contra un inimigo imperialista, os cidadáns destas dúas nacións acadaron o apoio que necesitan para ser ceibes por parte de Rusia. Rusia non apoia a estes dous países desinteresadamente, senón que o fai por interese propio(ao igual que o fixo EEUU no caso de Montenegro, ou a Coroa Británica coas colonias españolas durante as Guerras Napoleónicas) O caso é que por fin se recoñece por algún país o dereito da autodeterminación de dous pobos que levan longo tempo loitando. Estes dous países non se declararon independentes nunha revolución por parte dunha minoría, fixérono despois dun referendo democrático.
O caso de Osetia e Abjasia e moi semellante ao panorama que se pode dar en Euskal Herria se, tras celebrarse o esperado referendo, os cidadáns decidisen ser independentes. A diferenza é que, pese a que si existe un exercito represor como no caso de Osetia(o Español). Non hai ningún país cun potencial militar armado o suficientemente grande o que lle interese ou beneficie a independencia desta nación.
Voltando o a destino destes dous novos países. Son de momento nada máis que dúas pezas máis(dous peóns) na partida de axedrez que se esta xogando entre o oso ruso e os EEUU. Unha partida entre dúas potencias capitalistas e imperialistas. Unha partida que de desencadear nunha guerra(como tal vez remate) semellarase máis a 1º Guerra Mundial que a 2º. Xa que mentres que a 2º Guerra Mundial foi unha batalla entre o fascismo e a liberdade, a segunda tan só foi a loita entre o control do mundo por parte das elites gobernantes.
Ao igual que ocorreu na 1º Guerra Mundial, cando se celebrou un congreso internacional en Ferrol pola paz mundial e os bolxeviques pediron o fin da guerra, retirando os militares rusos da guerra cando chegaron ao poder. A labor da esquerda non debe ser apoiar a un ou a outro bando (xa que ambos son os bandos do capital). A nosa labor é loitar por que non ocorra tal guerra, pois os pobos non deben loitar entre eles senón todos xuntos pola súa liberdade. Guerra de que momento semella desencadear na reedición da Guerra Fría.
Algúns datos sobre a actual cadea armamentística:
-Os EEUU pretende rematar o proxecto do Escudo Antimisiles(consitente en mísiles que destrúen sobre mísiles) o antes posible. Rusia a súa vez esta investigando e desenrolando mísiles capaces de atravesar dito escudo.
-Europa depende enerxeticamente de Rusia, e agora coa gran influenza rusa en Osetia, os grandes oleodutos sofren o seu control.
-Occidente trata de presionar a Rusia. Polo que a OTAN concentrou cinco fragatas no Mar Negro con bandeiras americanas, polacas, alemanas e españolas. Según fontes da intelixencia militar rusa,
"o destructor McFaul, da Armada de EU, anclado no porto georgiano de Batumi, leva uns 50 misiles de crucero Tomahawk con capacidade nuclear, destinados a destruír brancos terrestres".
-Os xenerais rusos barallan a hipótese de que Xeorxia intente unha nova acción bélica buscando o apoio da EU e a UE a través da OTAN.
-Algúns artigos sobre esta posible nova guerra mundial.
"Están acorralando a Rusia. A OTAN estaa sitiando, rodéaa por todas partes. Europa debería xogar un papel de ponte, e estamos actuando como un protectorado norteamericano. Imos a unha ampliación do terrorismo, e a unha terceira guerra mundial"
(Santiago Carrillo nunha entrevista no País)
O campaña contra Xeorxia podería ser un entrenamento cara unha guerra por parte de Rusia en Irán.
Rusia non pretende incrementar nun principio as súas forzas armadas no mar negro, pero farao se é preciso. Segun eles, as forzas rusas son suficientes para asegurar a paz.
Segun fontes rusas hai 10 barcos da OTAN no mar negro. En total son tres barcos americanos, un polaco(a fragata General Pulaski) , un alemán(a fragata FGS Lubeck) , un español(Juan de Borbón) e catro turcos.
Un grupo de buques da Flota rusa do Mar Negro, incluído o crucero lanzamisiles "Moskva", chegou hoxe ao porto de Sujumi a invitación do presidente de Abjasia, informou o portavoz da Armada de Rusia, capitán de navío Ígor Digalo.(Fonte: Ría Novosti)
2 comentários:
Xa se comparou noutras ocasións a "causa vasca" con outros conflitos como por exemplo o kosovar.
Independentemente de que é un símil canto menos erróneo, é unha esaxeración e unha falta comparar un territorio que sempre pertenceu á nación española e que non sufriu recentemente unha fragmentación territorial con zonas gobernadas por guerrillas e inmersas nunha guerra civil.
O País Vasco pertence a España e a opinión que ten que importar é a da maioría do pobo español, non a das xentes minoritarias que habitan ese territorio e manipulan eleccións e todo tipo de actos.
Se fôsse simplemente que ouros povos decidem caminhar por si mesmos, os meus parabens incondicionais, ja que o dereito à auto-determinaçom dos povos está ao mesmo nível que o dereito à integridade física e moral das pessoas.
Mas quantas pessoas crem que dentro de 10 anos, esses novos paises existiram coma tais e nom integrados na "Gran Patria Rusa", exemplo de respeto às naçons, coma todas sabemos???
Postar um comentário