terça-feira, 5 de agosto de 2008

Dando exemplo de "tolerancia"

Moitas veces falamos de tolerancia. Pero o significado dunha palabra varía co tempo e co contexto. Asi pois o actual significado de tolerancia non se axusta co que ven no diccionario.

Cando bono foi a unha asociación da AVT, foi recibido con insultos e mesmo agredido. Bono é un político socialista moi particular, pouco educado e que non mostra ningún repeto polos nacionalistas. Namentres é un político democrata e unha persoa coa que se pode tratar de dialogar sen usar constantemente a violencia.

Hai pouco houbo unha manifestación en contra de que de Iñaki de Juana Chaos fora excarceado ao cumplir a súa condena convocada por la Asociación de Víctimas del Terrorismo. A esa manifestación acudiu Ricardo Sáenz de Ynestrillas pero non foi recibido como Bono, senón que foi aclamado e aplaudido pola multitude. Se ven é certo que Ynestrillas é un político, de extrema dereita, tamén é certo que non é unha persoa tolerante no signifcado denotativo da palabra. Ynestrillas asasinou ao deputado Batasuna Josu Muguruza, demutado que naquel momento pertencía a un partido legal e democrático.

É curioso ver como unha asociación que ten a tolerancia como bandeira permite nas súas filas semexante fascista. Pero Ynestrillas non é o único, senón só un exemplo dos lobos que se agachan detrás dunhas siglas inocentes. Son moitos os antigos franquistas que forman parte activa na AVT e manteñen unha postura contraria ao que pregonan por escrito. Acosando aos que non pensan coma eles, e tomando accións legais contra as boces que gritan pela liberdade de expresión. Tal é o caso do grupo italiano de ska, Banda Bassotti. Que por certo actuará o próximo sábado en Arzúa as 2300 da noite.

Deixovos un video no que fala inestrillas, tres días antes de acudir a manifestación e un comunicado de Banda Bassotti. De verdade que é curioso ver as declaracións de alguen a que hai xente que considera tolerante, e logo ver as de alguén que sendo perseguido e tachado de intolerante manten un dialogo correcto e non descalifica en ningún momento aos que dirixen tales ataques contra el.



(traducido pro Bardo)

POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Xa dende hai tempo en España, Catalunya e Euskal Herria[e Galicia] que a AVT, o PP e agora tamén o diario O MUNDO están facendo presións sobre os promotores de festivais e de clubs para cancear os nosos concertos. A AVT (Asociación Vitimas do Terrorismo), próxima ao Partido Popular, ameaza (sen facelo) de denunciarnos. Eles, xuntos a un sindicato da Garda Civil, non queren que nós toquemos en ningún lugar da Peninsula Ibérica de agora en diante. Acúsannos de animar a ETA nunha canción e que nos anos apoiamos a moitas asociacións vascas que loitan para a Independencia.

Eles ameazan de denuciarnos exactamente polo texto da canción YUP A LA, canción que está presente no cd de Banda Bassotti “Asi es mi vida” do ano 2003, disco que é unha antoloxíia de cancións de loita (todas versións doutros autores por suposto) do século XX interpretadas en clave rock-ska.

Esta canción é unha version do poeta vasco Etxamendi do 1974 e fala do atentado a Carrero Branco (presidente do Goberno do dictador falanxista Francisco Franco)Atentado executado cando aínda Franco estaba no poder en España. Está claro como o sol que o texto desta canción ten que ser introducido no seu contexto histórico e non por suposto no 2008. Por iso declarámos que é absolutamente demagóxico usar o texto neste contexto e també imos explicar que o paragrafo da canción que eles contestan non está traducido ben por eles e non é unha casualidade.

Acúsannos de apoiar ao ETA para un texto, cando neste mesmo texto a organización armada ETA nunca está nomeada. A palabra “eta” en euskera (a lingua Vasca) a parte de ser a sigla do que todo o mundo coñece é unha simple conxunción gramatical (quere dicir simplemente e) como no caso deste párrafo incriminado que imos citar ao fin desta declaración A traduccion é : vitoreamoste e o teu é o brazo do pobo e non é como eles afirman: vitoreémoste ETA es o brazo do pobo.

Esta claro como a luz do sol que estes personaxes xuntos aos estimados xornalistas do MUNDO cometeron un grande e grave fallo.. coido que esa xente necesitaría un tradutor mellor do que teñen agora en lugar de calumniar gratuitamente a Banda Bassotti. E igualmente abofé que estes erros de traducción non son tan casuais por que non é facil crer nesta mesma xente despois que xa o ano pasado xa explicamos noutro comunicado a mesma cousa despois da mesma idéntica acusación aínda non entenderon e voltan co mesmo Como se di: Errare humanum est, perseverare autem diabolicum??

Declaramos iso por que tanto a AVT como O MUNDO non estan novos nestes intentos. Son a mesma xente que demandaron o grupo Soziedad Alcolica para un texto e son o mesmo que fixeron unha lista negra de bandas que non teñen que tocar (segun eles) por que filo-ETA Nesta lista están Soziedad Alcolica, Fermin Muguruza, Berri Txarrak e agora nós prometendo accións xuiciaies, boicot de concertos e outras iniciativas.

Xa intentaron parar 2 concertos nosos o ano pasado (en FERROL e no LUMBRERA ROCK), pero ao final non lograron pararnos por que os promotores non se deixaron asustar coas ameazas e sobre todo por que estas acusacións se expuxeron claramente sen ningun fundamentos.

A realidade é que están intentando que calemos por que representamos a unha das derradeiras bandas que teñen unha propia identidade política ben definida e unha historia que é oposta á deles, pero como no pasado, pese a que traten unha e outra ver en aplicar a censura esta non lles vai a servir de nada.

Por sorte no mundo (non no diario, no mundo real) hai moitísima xente que non se deixa enganar con esas mentiras e que segue chegando ás nosas actuaccións e esta é a resposta máis importante que lle podemos dar.

Para a liberdade de expresion

Non Censura

BANDA BASSOTTI Roma 8 de maio 2008

Deseguido imos poñer o parrafo contestado en euskera coa traduccion EXACTA en castelán

Yup A La ( o autor è Etxamendi)

(EUSKERA)

Goresten haigu, goresten eta

populiaren makila haiz ta

hire indarra handia baita

herria hitaz bozkariatzen dá.

Goresten haigu, goresten eta

populiaren makila haiz ta

hire indarra handia baita

herria hitaz bozkariatzen dá.

(CASTELÁN, [traducido ao galego]).

¡Vitoreámoste, e

ti es o brazo do pobo!

¡Grande é a túa forza,

o pobo está protexido!

¡Vitoreamoste, e

ti es o brazo do pobo!

¡Grande é a túa forza,

o pobo está protexido!

[o que esta entre corchestes é un añadido, podedes ver a web de Banda Bassotti xunto coa declaración orixinal en http://www.gridaloforte.com]




3 comentários:

Anônimo disse...

Oye, infórmate antes de publicar. Ya hace varios años que se sabe que lo de Bono fue un montaje y no había sido tan duramente increpado como él había dicho.

Anônimo disse...

Este blog está degenerando a pasos agigantados. Ya no es un blog de contrainformación, sino una mierda pinchada en un palo, porque no hay artículos propios, hay artículos copiados y pegados aquí. Las visitas van a caer bastante.

Anônimo disse...

No entiendo entonces quién es el brazo del pueblo que lo protege haciendo uso de violencia. Si no es ETA, ¿me lo decís?

Avanti Popolo!!