
Este acto de acción directa non é máis que un unha forma de mostra o rexeitamento que moitos sentimos pola formula de turismo que se esta a impoñer no noso territorio. Expropian pagando catro chicos polo metro cadrado para despois construír macrourbanizacións e campos de golf. Estas, non soamente minan o noso patrimonio ecolóxico, senón que as máis das veces son iniciativas especulativas sen saída no mercado. Tal é o caso da macrourbanización de Miño, propiedade de Martinsa-Fadesa e actualmente parada, na que por certo atentaron os membros de Resistencia Galega.
A acción directa é un método de chamar a atención, máis non de solventar o problema. A sociedade galega(e sobre todo aos políticos que se digan galeguistas) correspóndelles o papel tomar conciencia e loitar pola defensa da integridade do noso territorio. Os campos de golf, as macrourbanizacións, reganosa, os campos eólicos, as grandes piscipatorías, as centrais hidroeléctricas, as térmicas, as colosais plantacións de eucalípto … son soamente sinos da actual colonización que sofre a nos aterra. Terra que non podemos defender como pobo xa que non temos o suficiente autogoberno necesario.
Por moito que nos esforcemos, é imposible coidar un territorio se non se ten poder efectivo sobre el.
Um comentário:
Será unha forma de chamar a atención, pero é necesario. Os Concellos de toda España están a construir unha cantidade desproporcionada de innecesarios campos de golf. A única forma de combatir iso é mediante a acción directa, xa que por vía legal é moitas veces imposíbel vencer os chanchullos que se dan nos municipios.
Postar um comentário