segunda-feira, 11 de agosto de 2008

Banda Bassotti actuou finalmente en Arzúa.

Durante o ultimo fin de semana celebrouse en Arzúa a “Festa dos botes”. Unhas festas populares nas que houbo actividades como o “Xogo da Moca” e actuacións musicais sendo o grupo italiano a cabeza de cartel.


A noite do sábado estivo repleta de música, comenzando por rock da man dun grupo en tributo as grandes bandas, seguido das dibertidas versións dun Toñito de Poi ao que lle deu por falar en castelán(grazas a deus polo m enos segue cantando en galego) e rematou co grupo estrela da noite, Banda Bassotti.

O grupo romano saiu ao escenario entre aplausos do público, público que momentos antes do concerto tivo a oportunidade de coñecelos persoalmente. Levaban case todos a misma camiseta, a camiseta amarela da festa dos botes que vendía a Comisión de Festas.


Cando comezou a actuación, un grupo de asistentes colocou unha pancarta a favor da liberdade de expresión. Durante toda a extensa actuación(durou sobre unha hora e media) o público estivo bailando todo o tempo o máis puro espíritu ska e foron moitos os que cantaron cancións. Nos intermedios entre canción e canción eran proclamados berros nacionalistas e socialistas asi como increpacións a Berlusconi por parte dun pequeño grupo de turistas italianos.

Dende logo que o ambiente foi xenial e moi combativo. Os asistentes das primeiras filas portaban diversas bandeiras: galegas coa estrela vermella(en total unhas oito) dúas de Euskal Herria así como unha comunista. Os membros da Banda colleron as bandeiras e bailaron con elas mostraronse en todo momento complices co público.

Banda e asistentes cantaron a coro a canción “Bandiera Rossa” e o concerto rematou coa canción “Bella Ciao” cantada tamén por unha membra do público que estaba bailando de riba dun altavoz e a que lle deixaron un micro. Finalemte, tal e como ocorrera en Ferrol, os músicos puxeron musica pola megafonia e baixaron do escenario para bailalaco público.

Pero aínda que rematou a actuación non rematou a festa. A xuventude congregada en Arzúa seguiu de troula ata que a noite se tornou en día. Sen dúbida foi unha gran festa, ougallá sexa igual ou mellor a do ano que ven.

Nenhum comentário:

Avanti Popolo!!