quinta-feira, 27 de dezembro de 2007

Sobre a mensaxe da súa maxestade


Ano a ano os galegos vemos como todo segue igual. Despois dun ano de loita pola liberdade do noso pobo, os nosos logros non son notables un ano máis. Para recordarnos este noso fracaso un señor dende Madrid fálanos sentado nun luxoso sofá sobre a unidade desa cousa a que lle chaman España.

A figura do Rei estásenos a vender máis ca cocacola. A monarquía gana adeptos día a día, xa non se chaman monárquicos absolutistas os seus seguidores senón que se fan chamar "Juancarlistas". Que quere dicir este termo? que seguen o que di o tal Don Juan Carlos? Posiblemente sexa así.

Queirámolo ou non crer hai moita xente que pensa que o Rei é unha figura que representa a todos os habitantes deste estado. Moitos galegos veno como unha figura integra, e digna de todo o respecto do mundo. Nesta mensaxe tamén vemos unha vez máis o efecto da diglosia, galegos que falan entre eles galego din marabillas do falar castelán dunha persoa con maior poder ca eles e mesmo o tratar de imitaren na forma de falar.

Como din tódolos periódicos o rei mandaba unha clara mensaxe ecolóxica pois ao parecer tiña unha foto del plantando un pino durante unha reunión internacional que xa non recordo. Eu vin outra mensaxe, que non sei se vos fixastes unha clara mensaxe política.

Pese a que o rei non forma parte de ningún partido político, pois non pode, por todos é sabido que non sería lóxico que apoiase a esquerda, máis que nada pola conta que lle ten. Pois ven, dentro dos partidos da dereita por todos é sabido que as Cores do PP son o azul e o laranxa, pois ben fixádevos agora na garabata e na camisa da súa maxestade.

Dende logo, como se nota que cada día están máis próximas as eleccións.


pd: Moitas grazas ao que me pasou a dirección da recensión non oficial sobre a mensaxe do Rei deste ano.
(Rei, mensaxe, nadal, Madrid, partidismo político, juancarlistas)

segunda-feira, 24 de dezembro de 2007

domingo, 23 de dezembro de 2007

PATENTE DE CORSO


Tal é como se facía na época dos piratas. O goberno español facilitoulle unha patente de corso a SGAE. Con esta patente os capitáns Sir Bustamente e Sir Bisbal non só teran dereito a seguirnos a atormentaren coa súa música senón que por cada CD que merquemos quedaranse cunha parte para compensalos CDs ao parecer descargamos que descargamos.

Ao mellor non nos parecen en principio unhas subidas tan alarmantes, pero por exemplo o prezo do CD chegarase a duplicar cando se aplique esta nova lei, co tempo o prezo dos equipos electrónicos baixará por mor dos avances tecnolóxicos pero isto non ocorrerá con canons que seguirán como mínimo inalterables ao paso do tempo.

É certo que moitos países aplican este absurdo imposto pero isto non ocorre en Portugal polo que se prevén que a compra de DVDs e CDs se desplace ao pais veciño. Dentro de pouco tal vez poderemos ver en ValenÇa non só toallas senón tamen bobinas de CDs, reprodutores de mp3 e móbiles de nova xerción. Dende logo que si esta lei vai facer florecer algunha actividade esta é o contrabando.

SOBRE O CANON DIXITAL(por un colaborador externo)


Na nosa lingua(traducido):

Que vergonzoso é que unha entidade privada, amparándose na piratería e lexitimada por unha lei promulgada por un goberno que presume de ser socialista, se beneficie de todos os españois con un imposto inxusto e de dubidosa legalidade. Dentro de pouco, teremos que pagar máis do dobre por CDs e DVDs e algo máis polos xa caros equipos dixitais. É dicir, os nosos petos empobrecesen , unhas industrias financian a outras e as contas dos cantantes medran exponencialmente. A solución témola ao alcance da man : comprar menos discos orixinais ca nunca, gravar todo o que poidamos e queimar os modems descargando arquivos. Pregúnteme a que membro do goberno coñecerán na SGAE...

En castelán(versión orixinal)

Que vergonzoso es que una entidad privada, amparándose en la piratería y legitimada por una ley promulgada por un gobierno que presume de ser socialista, se beneficie de todos los españoles con un impuesto injusto y de dudosa legalidad. Dentro de poco, tendremos que pagar más del doble por CDs y DVDs y algo más por los ya caros equipos digitales . Es decir, nuestros bolsillos se resienten, unas industrias se financian a otras y las cuentas de los cantantes crecen exponencialmente. La solución la tenemos al alcance de la mano: comprar menos discos originales que nunca, grabar todo lo que podamos y quemar los modems descargando archivos. Me pregunto a qué miembro del gobierno conocerán en la SGAE...

quarta-feira, 19 de dezembro de 2007

100 anos de himno, centos de anos de loita.

Foi un lendario bardo que escribiu ises versos. O noso himno non pertence a partido ningún, nin a ningunha entidade ou movemento, só pertence ao noso pobo, foi cantado polos nosos antergos e ha de ser cantado polos nodos devanceiros.

Leva cen anos como todos sabedes a ser cantado. A nosa canción foi entoada en todo tipo de actos ao redor do globo terráqueo dende nun partido de fútbol ata como despedida dunha noite esmorga.

O noso himno debería de ser coñecido por tódolos galegos, pois xa é so a letra dunha canción senón que se trata do símbolo do noso pobo, do sufrimento e deste noso pobo labrego e mariñeiro.

A nosa sociedade xa non está pechada en si mesma de costas ao mundo como ocorreu non ha tanto tempo, agora o galego é falado ao redor dos catro ventos. A nosa terra inflúe en zonas afastadas polas que tamén é influída, existindo un continuo tráfico de galegos que marchan para facer outras terras a súa e estranxeiros que veñen facendo de esta a súa terra. Así nos chegan enriquecedoras influencias culturais por dar un exemplo, a nosa dieta é mais variada grazas a elas e somos unha sociedade cada vez máis diversa.

Pese ao que algúns que non son ben pensan, o ser galego non é algo que veña dado por nacemento. Os galegos son todos os que aman a nosa terra e falan a nosa lingua loitando nesta día a día nesta eterna loita polos dereitos do noso pobo e da nosa terra pedindo que se acade unha sociedade xusta e ceibe.




(este vídeo non se escoita demasiado ben pero cando o vin sentín envexa de non poder estar ese día no medio da xente, non só o cantaron pequenos e vellos senón que o fixeron ata o final, non como fai un que me sei eu que se rodeaba de gaiteiros pero que lle tiña a medo a cantar o himno por completo)

"España ole mal"

"España ole mal", non o digo eu que o dí un castelán. Perosalmente creo que verdadeiramente o "Estado Español" cada vez é máis corrupto polo que tal vez deberíamos tratar de deixar de formar parte de el.

Dicir eso si que a miña terra non ole mal, pode haber políticos nela que den noxo e apesten pero a miña terra segue a ter o salgado olor do mar por moitos caciques ca invadan non lles imos permitir que fagan que apeste.


domingo, 16 de dezembro de 2007

TOCANDO FONDO

Esperemos que esta derrota do noso equipo sexa a derradeira desta temporada ou polo menos a última en moito tempo.

Pero para que isto ocorra os ferroláns deben saír ao campo con moitas ansias de vitoria e esforzarse todo o que poidan. Este sentimento de loita para que non descenda o club e o que necesitamos.

Déixovos un vídeo de como desexaría que actuasen os noso xogadores. Está en castelán pero a parodia é moi divertida.


OS 300 FERROLANOS

AS PORTAS DO DESCENSO

Non sabemos que lle pasa ao noso equipo. Nas primeiras xornadas o Racing navegaba pelos postos máis altos da clasificación xeral da liga coma un barco que acaba de ser botado. De repente sen decatarnos comezou a ter fugas e mais fugas de puntos e tras estar tanto tempo sen puntuar chegou o inevitábel, os postos de descenso. Os mecánicos deste barco(o técnico Veiga e o médico) tratan de taponar as fugas pero de momento o equipo segue a afundirse na clasificación.

A inchada do noso equipo ultimamente pasamos o partido protestando, protestan polos erros arbitrais que tanto dano fan ao noso equipo, polas faltas cometidas a "Pereira" e pola incapacidade do técnico. Un “mister” que xa non é querido polo público, de feito a semana pasada pediuse a súa dimisión.

Mentres que nas primeiras xornadas ata soñábamos cun ficticio ascenso, agora conformámosvos con non descender. Así é a vida, e o futuro deste equipo semella moi incerto pois se alguén non o remedia podemos sufrir un descenso.

Pero mailas derrotas e os malos resultados do equipo en cada partido a Malata segue animando ao seu equipo, esperemos que no próximo partido gritemos todos de xúbilo en non de enfado como pasou nos últimos.

sexta-feira, 7 de dezembro de 2007

CAUSA GALIZA

Digan o que digan queimar fotos pode ser algo perxudicial para o medio ambiente pero dende logo non é un delito. Non queimaria xamais unha foto por que non serve para nada pero non é xusto que metan no carce aos que o fan.

Esto pasou onte en vigo pero os rapaces foron finalmente liberados. Na manifestación organizada por Causa Galiza non só se queimou esta foto senón que se mandou un claro mensaxe a Madrid de que estamos fartos de ser unha colonia.

Deixo un video que nos recorda que a monarquía actual descente directo do fascismo por moito que se queiran empeñar en enfocala como democrática e sistema de xusto de goberno.


"Liberdade para Santiago. Crístofer, Carlos e Alexandre!
Galiza sempre antimonárquica!
6-D, nada que celebrar!"

Loitando pola terceira.

Onte como motivo do día da constitución miles de persoas recorreron as rúas de Madrid pedindo unha reforma constitucional para que se acade a terceirarepública.

Segundo os organizadores a manifestación reuniu a

unhas 5 000 persoas o que reflexa o desexo de moita xente de reformar unha constitución que esta claramente obsoleta.

Como moitos saberedes polos informativos si se ten plantexado unha reforma constitucional dende os partidos maioritarios pero eles non desexan abolir a monarquía, senón darlle unha nova capa de pintura que a faga parecer un sistema de goberno xusto. Que máis da que gobernen os homes ou as mulleres? o que importa é que todos sexamos iguais ante a lei e para que se cumpra isto tense que abolir o actual sistema de monarquía democrática xa que non é máis que un arcaísmo da época feudal segundo o cal os nacidos nunha familia determidada teñen toda unha serie de privilexios.

Como se ve na foto na manifestación houbo representación das nacionalidades históricas, como nos adoitan chamar, ou sexa dos pobos asoballados no actual réxime democrático aos que non se lles recoñece o dereito a autodeterminación como nacións.
Por moito que se esforce a prensa en "vendernos" a monarquía como modelo de gobernos ensinándonos as fotos de "Doña Leonor", moitos non aceptaremos xamais esta modelo de goberno como noso, senón que pensamos que é algo imposto. Eses señores que habitan no palacio real non nos esquezamos de que foron postos no poder por un ditador e que entre os seus antepasados atópanse os "Reis Católicos" os cales xa sabemos todos que non se caracterizaron por tratar ben a esta nosa terra. E se que goberne unha persoa por ser descendente doutra xa é algo inxusto, que nos goberne unha persoa por ser descendente de tiranos como Fernando VI e Felipe V é algo non só inxusto senón tamén incomprensible.

Nesta por acadar un marco legal reixo pola constitución no cal se recoñeza o noso dereito a liberdade como pobo e a igualdeade de homes e mulleres, os galegos contamos co apoio de cataláns e vascos cos cales compartimos un inimigo común ademáis da esquerda de Castela, Andalucía e outras comunidades autónomas.

A cooperación entre cataláns, vascos e galegos é necesaria para acadar os nosos obxectivos, dita cooperación é posible é xa esta a dar os froitos como puidemos ler hoxe en vieiros. Esperemos que algún academos a liberdade como pobo que tanto ansiamos, mentres tanto teremos que nos conformar con facer todo o necesario para que a poidamos acadar.

“Que a nosa terra é nosa, non o dubide ninguén.”

domingo, 2 de dezembro de 2007

DÍA DO SIDA


Onte foi o día mundial do SIDA, na tele e pola rúa puidemos ver mostras de apoio de estes enfermos e tamén coñecer os seus problemas
.

Onte ademais de recordarnos a importancia de usar o preservativo e pedir o apio da sociedade para combater esta enfermidade pediron algo novo: ¡A DESOBEDIENCIA CIVIL!.

Déixovos o manifestos por senón o lestes, coido que teñen toda a razón do mundo xa que todo enfermo ten dereito a intimidade.



"Neste día mundial da SIDA que se aveciña, novamente prenderemos os nosos lazos vermellos na solapa do abrigo como mostra de solidariedade, lazos impolutos que co remate do dia desaparecerán das nosas miradas, das nosas preocupacións e agobios, mais para algunhas persoas este lazo convirtirase en soga que permanecera continuamente prendida do seu peito como mostra de estigma e exclusión.

Neste ano que remata o Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia veñen de dar un impulso mais a creación de sistemas de información da Infección por VIH, denominados SINIVIH e SIGIVIH. Ambos sistemas recollen para o seu tratamento, datos clínicos e persoais dos novos casos de infección por VIH .

Este rexistro vulnera gravemente o dereito fundamental a intimidade e confidencialidade, amén de potenciar as causas de estigmatización e discriminación da poboación afectada por VIH.

Os colectivos de afectados tanto en Galiza (mesa sida galiza) como a nivel estatal (preSOS galiza, asoc Xustiza e Sociedade, C Moucho) , impugnamos ante a xurisdicción contenciosa a creación destes rexistros de datos, e tras unha longa pelexa xurídica, social e política, atopámonos actualmente pendentes de que o Tribunal Constitucional restiua por sentenza as garantias de confidencialidade e intimidade usurpadas pola administración sanitaria.

Por elo, neste día de celebración oficial, sairemos a rua a informar aos cidadans, sobre a existencia destes rexistro nominais de persoas enfermas, instando (tanto a poboación afectada como a que non o está) a practicar unha desobediencia civil activa, que impida o avance da aplicación destas medidas lexislativas tan perniciosas para a loita antisida en xeral e en particular para os dereitos irrenunciables dos nosos/as compañeiros afectados pola grave enfermidade. "
(http://galiza.indymedia.org/gz/2007/12/13327.shtml)

quarta-feira, 28 de novembro de 2007

Denuncia a Pío Moa


Pío Moa foi denunciado por delitos de inxurias, entre as cousas que afirmou atópamos perlas do estilo de: “Pregunta: Sr. Moa: ¿Qué opinión le merece el Gobierno actual de España?’ Respuesta: Recuerda a los peores de la república. Si el lector tiene en cuenta que la respuesta la realiza una persona para la cual el golpe de Estado de 1936 era legítimo, tiene motivos para inquietarse: si el aquel golpe era legítimo, ¿no lo sería uno ahora contra un gobierno que ‘recuerda a los peores de la república?"

Este señor esta a ser demandado por unha iniciativa que comezou un blogueiro e afiliado de Eu, actualmente sumóuselle moita xente para pedir que non se permita que unha persoa fala trate desa forma a vítimas inocentes, nas súas afirmación xustifica o crimes fascistas “Aquí la represión se encauzó por vías legales, no como en Europa.(…) A nadie se le reprimió por cómo pensaba, sino por lo que hacía. Companys no era inocente. Ni tampoco las Trece Rosas, unas jóvenes estalinistas” e mesmo se atreve a insultar a xente que se mostra a favor da lei de memoria histórica, lei que moitos nos parece insuficiente, coa seguinte perla retórica:aquellos que hoy defienden la Ley de la Memoria Histórica se identifican con los criminales”.


Como é posible que este señor se atreva a dicir o que di? coido que é unha realidade que existe, existiu e existirá xente tan falta de valores morais como para ser tan ruín coma este señor pero penso que a sociedade debería de mostrar o seu rechazo. De feito xa son mais de mil persoas as que firmaron pedindo que sexa xulgado por penas de ata dous anos de cárcere.


Se vos interesa firmar pedindo que sexa xulgado polos delitos que cometeu pinchade neste linK


no cal tamén atoparedes información acerca do que dixo este señor. Seguramente el pense que o galego debería de ser perseguido como o foi na ditadura e polo que di debe de pensar que todos os que nos declaramos galegos somos uns criminais que deberiamos ser como di el "xustamente xulgados"
ou o que é o mesmo fusilados nunha cuneta como o foron os miles de galegos asasinados durante a ditadura.

"Xente a quen debes decirlle sorrindo e sen acritude:-Os mortos que vos matades gozan de voa saúde....Pode o corpo ser vencido, pode o dereito ser torto máis o lume que alampea xamais o veredes morto.-"

sábado, 24 de novembro de 2007

Breve ensaio sobre as "toupiñas"



Introducción do tema:

¿Que son as “toupiñas”?

A toupiña campesiña, protagonista indiscutible ata hai pouco tempo dos telexornais de tódalas cadeas, é un pequeno roedor. Pertence a familia dos múridos e o seu nome científico é Microtus arvalis, é un pequeno roedor herbívoro que vive en pequenas toupeiras a escasa profundidade. Come bulbos, tubérculos, raíces, talos, diversos froitos e mesmo cortizas de árbores.

Moitas especies de carnívoros son depredadores naturais das “toupiñas”:raposos, aves rapaces, donicelas e serpes. O “topillo” ten unha xestación corta, vintecatro días, e soe parir de dúas a once crías por vez. A lactancia tamén é curta, dúas semanas así como o período de madurez. Polo que pese a ser unha especie R estratego é dicir, que coida das súas crías e necesita unhas condicións de vida favorables, ten un ciclo de vida bastante curto en comparación co noso, xa que vive unha media de dous anos.

Como outras moitas especies de roedores presenta un equilibro dinámico xa que cada certo tempo prodúcense fluctuacións de N entorno a K(aumento do número de espécimes da poboación achegándose ao límite de espécimes que pode soportar o ecosistema), dende o punto de vista obxectivo iso é o que pasou este ano.

¿Que ocorreu en Castela-León?

La Voz de Galicia” dicía o día 2/8/2007 que as “toupiñas” estaban a “arrasaren” dita provincia. Segundo datos da Voz a poboación de roedores era duns setecentos cincuenta millóns de exemplares.

Os roedores provocaron grandes perdas económicas na colleita deste ano, os agricultores pola súa parte trataron de erradicar a praga con métodos tan extremos como o envelenamento, a queima de herba seca, microexplosións en cada unha das toupeiras, arados que mataban os roedores e ata un concurso de frautistas que trataron de repetir o que conta a o conto do Frautista de Hamelin pero non tiveron éxito.

¿Que vai a pasar o ano que ven?

Os agricultores pensan que salvo que o inverno sexa duro as toupas volverán a ser un problema o ano que ven, xa que se o frío non as mata a súa poboación aumentará.

O tema exposto dende o punto de vista naturalista:

As ciencias tratan de descubrir a orde que rexe a natureza e, así poder realizar predicións sobre a súa evolución. Para levar a bo termo este obxectivo, utilízase unha metodoloxía coñecida como Teoría Xeral de Sistemas. Empregando esta teoría este sería o esquema do campo castelán omitindo moitas outras especies que neste momento non me interesa ter en conta obtemos o seguinte diagrama de relacións entre os elementos do sistema:

SISTEMA: TERRA DE CAMPOS


As relacións entre estas variables neste caso son de dous tipos:

RELACIÓNS SIMPLES:

-Se aumenta o número de terreo en cultivo aumentará o número de herbívoros.

-Se aumenta o número de herbívoros aumentará o número de carnívoros.

-Se aumenta o número de herbívoros diminuirán os cultivos.

-Se aumenta o número de carnívoros diminuirán os herbívoros.

Relacións complexas;

-Se aumenta o número de carnívoros aumentará o número de cultivos, se diminúe o número de cultivos diminuirá o número de carnívoros( retroalimentación positiva)

¿Por qué ocorre o desequilibrio dentro do sistema?

Como dixo o presidente de Greenpeace nunha entrevista “...é curioso que estea en tódolos medios que as “toupiñas” causan graves perdidas para os campesiños pero non se coñece a outra noticia: que a colleita de Valladolid se duplicara este ano con respecto o ano anterior. Hai que ver as cousas no seu contexto para poder realizar unha valoración máis adecuada”.

Pese a que a fluctuacións das “toupiñas” e normal,o sistema desequilibrouse debido a que os agricultores non só aumentaron os terreos de cultivo, senón que o envelenamento das “toupiñas” provocou a morte de moitos exemplares das especies predadoras destes roedores. Ao non ter predadores as “toupiñas” aumentaron en pouco tempo o seu número sen que houbera ningunha medida natural para corrixilo.

Este é un grave problema para o campo de Castela e un indicio máis de nos debemos esforzar por acadar unha economía sostible co medio. O que nos parece as veces unha simple praga adoita a non ser máis que o resultado do desequilibro do sistema.

¿Como frear, unha vez se rompe o equilibrio do ecosistema, a praga das “toupiñas”?

De nada serve poñer veleno nos campos, xa que se facemos isto mataremos os poucos predadores de roedores que quedan. A solución deste problema podémola atopar no oeste de Francia onde a coexistencia de campos cultivados con zoas de arbustos e árbores (bocage) diversifica o medio, ofrecendo abrigo e alimentación aos predadores(raposo, mustélidos e aves rapaces), que axudan en boa medida a estabilizar e controlar as pragas cíclicas, De feito, sabedor desto, xa a finais do século XVI un duque de Baviera promulgou varios decretos suspendendo a caza do raposo durante as flutuacións periódicas das “toupiñas”.

Actualmente a poboación de predadores da meseta é escasa como resultado do envelenamento, caza abusiva e destrución dos espazos que esas especies necesitan para poder vivir polo que cando ocorre unha fluctación de “toupiñas”-como hai pouco- estas non son capturadas polos predadores e seguen comendo e reproducíndose.

CONCLUSIÓN:

O actual sistema de agricultura da meseta peninsular é insostible. As enormes extensións de campo están provocando a desertización do medio. O problema das “toupiñas” non é mais que un claro exemplo de que non podemos seguir con este modelo económico.

O ser humano ten que tratar de vivir en equilibrio co medio;acadar este obxectivo é o traballo dos activistas medioambientais, xente que día a día traballa para salvagardar o medio, obxectivo que todos debemos intentar conseguir. O home, a diferenza do que adoita a pensar, non é o dono da natureza, senón máis ben ao revés.

segunda-feira, 19 de novembro de 2007

¿¿Resurixir fascista??


Penso que non,son tantos coma sempre, soamente que ultimamente estanse a mobilizar máis ca nunca.



H
oxe, día 20 celebrarase no “Valle dos Caídos” en Madrid o funeral por Franco, Paquiño Voz de Pito ou como lle queirades chamar. Este é o último ano que se celebraran legalmente actos abertamente fascistas na conmemoración da morte do ditador.
Xa pasaron 32 anos dende a morte do máximo artífice do asasinato de miles e miles de galegos asi como o culpable do retroceso dos dereitos dos obreiros acadados tras anos de loitas sindicais. Pese a iso hai xente que non o ve como un criminal.


Pasaron xa 32 anos e de seguro que se existe un Deus. Debe levar uns 32 anos ardendo no inferno, o que e pouco, pois de seguro que a xustiza divina lle ten reservada a cadea perpetua. De nada servirán as moitas misas que se lle fagan, nin os cartos que puxera en mans da igrexa; el esta sentenciado pois ninguén o pode librar da xusta sentenza.

En canto aos seus seguidores que seguen a ser miles, todos eles merecen o noso desprezo, son xente que non recoñece nin os dereitos humanos nin que outra xente sexa diferente a eles. Penso que algúns non o fan guiados pola malicia, simplemente é quen non son ben. Pero aínda
que algúns o fagan por iñorancia non llelo podemos consentir.

O pasado sábado máis de cen antifascistas recorremos as rúas de Ferrol pedindo a ilegalización destes grupos de fanáticos que non aceptan que a xente ten o dereito a vivir dunha forma diferente a que eles creen correcta. Tan só éramos cen, como e posible isto? pois porque pese a que non vexo o motivo os partidos maioritarios de esquerdas non acudiron en masa a manifestación. Así como tampouco o fixo a maioría da mocidade que día a día di pertencer a unha determina ideoloxía política pois moitos revolucionarios de boquilla son en realidade fascistas, de novos levan a insignia da anarquía ou a fouce pegada na mochila pero cando chegan a certa idade compórtanse como os burgueses que son. Teñen eles a culpa? penso que non, a culpa e da sociedade que así os educa e que esta a converten por exemplo ao Che en tan só unha marca comercia.

Destas máis de cen persoas había novos e vellos, homes ou mulleres, pobres e ricos, galegos e nos galegos. Pero o que máis me chamou a atención foi a variedade de ideoloxías políticas: marxistas, anarquistas e mesmo algún que outro votante de centro. Pois a manifestación pese o que digan non era de xente radical, tan só eramos uns cidadáns indignados pedindo xustiza.

En todo momento fomos seguidos por un coche patrulla pero en ningún momento houbo actos violentos pois son eles, os fascistas, os verdadeiros terroristas. Pese os esforzos da extrema dereita de facernos quedar de vándalos que non respectan as normas sociais e uns marxinados, non poderán cambiala realidade.

Hoxe veremos actos organizados cun único obxectivo, amedrentarnos, pero non o han conseguir, pois aínda que os creemos capaces de calquera cousa para impoñer a súa vontade, sabemos que o lume que alampea xamais será vencido por moi forte ca sopren, por moito chumbo que nos boten nin nos renderemos nin soltarémola fouce.

quinta-feira, 15 de novembro de 2007

Carlo e Carlos

Carlo Lluliani morreu a mans da policía italina cando se estaba a manifestar en contra da globalización. Carlos foi asasinado por un militar profesional que non estaba de servizo pero que levaba no peto un coitelo de caza.


Ámbalas dúas son historias tráxicas de xente que morreu soamente por pensar como dicía skap-k nunha canción. Nos dous casos a opinión pública deuse conta do que estaba a pasar, pero tal vez demasiado tarde.

No caso de Carlos estanse a facer moitas manifestacións e protestas aclamando xustiza, hoxe mesmo acudín a folga convocado polo Comité
Folga que por certo queridos colegas do comité non se convocou como debera ser, pero polo menos non nos quedamos de brazos cruzados.

No artigo anterior firmaron varias persoas entre elas polo que vexo alguén que di ser de certo partido, dicirlles os membros de dito partido sempre desde o respecto que considero que non recoñecer o que son é algo que os fai mais indesexables do que xa eran dun principio. Son números os grupos neozanis e racistas que se presentan as eleccións en todo o mundo, e unha realidade. Pero neste pais inda por riba tentan facernos crer que eles non son violentos, que nos somos os irrespectuosos e intolerables.

Non comprendo como esta xente pode ter semellantes ideas na cabeza, que pasa que si o que lle pegas e diferente a ti xa non estás a facer algo violento senón política social? Que crean o que queiran pero a moitos de nos non nos van facer cambiar de opinión cando pensamos que o seu sitio esta no cárcere por ter cometido e seguir a cometer tantas agresións.


domingo, 11 de novembro de 2007

POR QUE NO TE CALLAS?


Sen dúbida esta foi a frase do dia, vina repetida como tres veces nun só xornal. E a verdade e que non seria unha mala contestacion para un borracho que esta a discutir con outro nunha taberna pero estes dous señores supostamente adicanse a diplomacia.


QUEN TIÑA RAZON?

Referirse a Aznar como fascista é pasarse? non sei, non me arriesgaria a denunciar a un expresidente electo de fascista se fora diplomatico, aínda así Hitler tamén foi nun momento votado pelo pobo e non deixaba de ser fascista, tal vez o maior da historia. Tamén é certo que o partido do expresidente tiña e ten entre os seus altos cargos(vexase fraga) persoas que tiveron un papel relevante na dictadura fascista do franquismo e polo tanto son e serán lobos fascistas que nun momento dado se disfrazaron de ovellas demócratas.

Ainda así vexo inadecuado esa afirmación no trascurso dunha reunion diplomática pero o que vexo peor é a resposta do rei. NON SO FOI INCORTES CON CHAVEZ TUTEANDO, senon que interrumpiu a Zapatero que a diferencia del si e un cargo electo.

É UN TIRANO CHAVEZ?

Non o sei, pero dende logo que non e normal a situación actual do país. Aquel que somete o pobo e o intimida é un tirano logo...


É UN TIRANO DON JUAN CARLOS?
Non, dende logo que grazas a Deus non ten un poder real, actualmente a figura do rey e soamente diplomatica, e visto o que pasou hoxe reafirmome en pensar que a monarquia non é sinon a cousa mais inutil que heredamos da Idade Media. Pese a que o rey non é un tirano si o foron os seus antergos pois entre outras cousas os borbos foron quens impuxeron na península un goberno totalirio.

Que pensa a xente?

Os galegos creo que nos rimos un pouco coa lea esta, pero o que me sorprende e que os españois estan orgullosos(¡ESTAN TOLOS ESTES ESPAÑOIS!) como nunca da figura do rey, enfin ala eles. Cada día estou máis seguro de que a única via de futuro para o noso pais sen estado e a independencia deste xugo castelán, ogalla poidan ver cumprido este soño os nosos netos.

quarta-feira, 31 de outubro de 2007

Visita guiada a REGANOSA

Hoxe tiven a oportunidade de participar na primeira visita organizada de grupos estudantiles o complexo de regasificación de reganosa.


Saímos do instituto con destino a sonada planta e cando chegamos o recinto tivemos que pasar un control de seguridade. No complexo uns catro gardas armados co que asemellaban revolvers déronos o alto e pediron que nos identificáramos.
Unha vez que chegamos a penetrar dentro pasamos co bus por diante de depósitos de combustibles e produtos químicos varios ata que chegamos o noso destino a sala de prensa. Dentro espera as visitas unha periodista encargada de informar os estudantes a cerca da "realidade da planta".

Cun soporte tecnolóxico ensínannos gráficas acerca da demanda de gas natural, una enerxía que según din pese a non ser renovable vai ser o futuro unha vez rematadas as reservas de petróleo(como se o gas natural non tiveran unhas reservas finitas). O pouco empezan a concretar o caso de Reganosa, como funciona en que consiste e unha vez que nos ensinan a teoría lévannos a ver o complexo dende lonxe, xa que por razóns de seguridade non se nos permite pasar dunha raia.

Vendo o complexo resolven as nosas preguntas:

P-"¿Que pasa se hai unha fuga?"
R-"¿Que tipo de fuga?"

P-"¿Afecta o proceso de vaporización no cal se emprega o calor da auga do mar para quentar o gas a temperatura desta ultima?"

R-"Non sei agora mesmo os datos pero creo que non afecta a temperatura e se o fai é minimamente xa que hai moita mais auga que gas"

Esta periodista, que ten a carreira e todo, despois de responder as nosas dúbidas en perfecto castelán pois non usou en ningún momento o galego volta a levarnos a sala de prensa onde nos amosa outros datos, unha foto dunha planta de gas en Xapón e un video no cal se nos ensina o seguinte:
-O gas licuado non é inflamable.
-O gas licuado evaporase de forma ecolóxica.
-O gas licuado non é tosico.
Este vídeo educativo no cal se experimenta co gas licuado esta subtitulado e non se nos pon co son.
Non atopei o video en cuestion pero este é similar:



Tamén é interésante dicir que os alumnos do IES Sofía Casanova mostraron a súa preocupación polo futuro da ría, sempre sendo educados pois a visita foi interesante aínda que non vexo ben que se nos teña tratado de confundir as nosas mentes con tanta estatística e datos que non din nada.

Por certo que van a patrocinar un concurso no meu instituto para ver quen fai mellor o traballo sobre a planta, creo que xa sei quen non vai a gañar, un saúdo e ollo coa periodista de Reganosa morder non morde pero trata de confundir os que non pensan coma eles (o fin e o cavo é o seu traballo).


A RIA É NOSA, E NON DE REGANOSA





sábado, 27 de outubro de 2007

Racing Vs Real Sociedad

Que dicir do partido? pois que sinceramente o racing merecia gañar pero enfín outra vez será.

Durante o partido os xogadores do Racing xogaron ben pero o esperado gol non chegou e cando o arbitro pitou a fin o marcador seguía a ceros. Durante os 90 minutos de xogo as ocasións de gol para o equipo ferrolá non faltaron pese a dura defensa da Real. Pereira, o ese pequeno crak, trataba de entrar na area do rival para asi tirar de cerca pero os defensas contrarios non lles facia gracia perder e fixeron ben o seu traballo, efin que foi un gran partido.


Deixando a parte o resultado este partido foi diferente a moitos outros pola afición, non so pola ferrolá senón tamén pola chegada dende Euskadi. Nas gradas puideronse ver bandeiras das dúas nacións e tamén unha pancarta reinvidicando a independencia dos nosos amigos vaskos. Ambás aficións tiveron un trato cordial e mostraron respecto unha pela outra algo que non sempre pasa con equipos rivais.

Tamén se fixo reparto durante o partido do novo folleto da asociación siareir@s, asociación que eu non sabia que existira e que agrupa a tódadas inchadas dos equipos galegos de tódolos deportes.

segunda-feira, 20 de agosto de 2007

O TEMPO ANDA TOLO


Qué é o que esta a pasar? porqué tiven hoxe que sacar o paraugas se estamos en agosto? como é que este verán e tan raro?

Penso que todos sabemos a resposta pois pouco a pouco asumimos que o cambio climático non é unha pelicula de ciencia fición senon un grave problema que estamos a sufrir e que co paso do tempo vaise empeorando. Logo por que é que non o tratamos de evitar?

Moita xente pensa que os gobernos teñen que tomar medidas para solucionalo pero estas medidas poden traer outros problemas novos polo que penso que non debemos de aceptar tódalas solucións que nos dan os nosos queridos políticos porque neste capitalismo salvaxe no que vivimos o que en principio parecía un programa politico comprometido resulta que tan só consiste noutra nova forma de facerse rico o pisaverdes de turno. Actualmente e escusándose na loita contra o quentamento global estan a tomar medidas de dudosa efectividade en troques doutras que poderían ser moito mellores pero o ambiente non interesa en cambio os cartos sí. Un dos exemplos máis recentes e o do biodiesel que de sustituirse pola gasolina contaminaria menos e ademáis como os coches necesitarían repostar seguiria a ser unha forma de que os empresarios gañaran cartos cousa que non pasaría tanto por exemplo por coches solares que non necesiten de nengún combustible.




COMIDA DUNS,COMBUSTIBLE DOUTROS

Se nos preguntaran cal é a principal función do alimento nos como é obvio diríamos que é a de alimentar a xente, se descubrimos que un pobre consegue alimento de forma barata, dubido que se nos ocorrerá comprar todo o produto que o pobre consume para satisfacer con el unha necesidade menos prioritaria como pode ser o ocio.


Pero aínda que o que estou a dicir é algo que todos deberíamos pensar e considerar correcto no mundo no que vivimos, corrompido polo capital, as prioridades non son as que deberan. Se podemos conseguir un mínimo beneficio comprando alimento para facer con el combustible sen lugar a dubidas farémolo, xa que pese o que nos pese a única prioridade que respecta a xente deste século é a de medrar social e economicamente.

Un recente exemplo de que a sociedade atópase nun estado de decadencia en canto a hora de respectar os valores morais podémolo atopar en México, pais no que os campesiños e o pobo obreiro están a sufrir unha subida de prezo inxustificable no seu alimento principal, a torta de millo. Todo por que en Estados Unidos necesitan millo, non para comer senón que o empregan como alimento para o gando estabulado moitas veces en condicións máis que deplorables ou para facer combustible xa que por todos é sabido que o etanol pódese conseguir a partir do millo.

Pero non temades o Estado Oficial Mexicano xa tomou partidas no asunto, como a xente xa non pode pagar o millo xa que o que comía a xente agora é empregado para dar de comer as vacas e facer combustible non contaminante para arranxar o problema tan só hai que darlle a volta a tortilla, e nunca mellor dito. Os mexicanos poderán comer o millo destinado o gando e a industria, desta forma non pasarán fame e os empresarios aumentaran as súas contas en Suíza. Que é iso de que o millo é transxénico? si é certo o millo importado dende Estados Unidos cara México é transxénico é de baixa calidade, de feito greempeace xa deu a voz de alarma polo risco que conleva, pero isto fará florecer a economía norteamericana é o grazas o etanol tódolos empresarios poderán conducir os seus Hummers sen preocuparse pola capa de ozono. Non é unha boa solución?

Dende logo o mundo esta tolo, máis do que podemos imaxinar( menos mal que os medios de comunicación rezan por que non nos demos conta do que ocorre o noso redor), si que é certo que as clases podentes levan medrando a costa da fame dos pobres, pero que isto se leve repetindo o longo da historia non quere dicir que sexa xusto. Se non me credes mirade en Internet pero asegúrovos que cando investiguedes un pouco na prensa libre acabaredes gritando contra esta e moitas máis inxustizas que grazas a presa do corazón pasan desapercibidas entre o: ¡Que viva Zapata!.

quarta-feira, 8 de agosto de 2007

POR QUE A MONTARON?

E que o ruido que tratan de facer os que estan en contra do concerto do sábado parece que esta orixinado por "un grupo moi reducido de persoas" que descontentas cos resultados das últimas elección empregan o tema do terrrorismo para atacar o goberno local.

A xente que esta agora a poñer comentarios e mandar e-mails por leer unha letra dunha canción sacada de contesto deberia darse conta de que se os cantantes foran terroristas como se dia hai tempo que estarian detidos e o concerto sería censurado como o foi a revista o jueves pois hoxe en dia os xuices son moi serios respecto a ese aspectos. LOGO POR QUE MONTAN TANTO RUIDO? POR QUE TRATAN DE FACER RUIDO? por que ruido o que se di ruido non estan a facer xa que se nos fixamos son catro gatos enfadados e emperrenchados e por iso hoxe non teño ningunha dúbida de que o concerto vai a ser todo un éxito.

O que máis me enfada hoxe e que mentras que cando o alcalde se subiu o soldo un 70 por cento nadie protestou agoran a oposicion si tomou partido. Por que calaron? esta claro que todos os politicos calaron por que habia cartos por medio e agora que hay votos o pp toma a palabra para tratar de acadar un exito nas vindeiras eleccións un saudo e dende logo que pensar que onte me preocupou o do boikot... tranquilos que creo que teremos un concertazo.


pd: xa se que seguramente non lea ninguen e menos de EU isto pero si houbera algun de eu que lera isto decirlle que lle agradezo moito que nos traian a este grupo tan bo pero que non me esquezo que non dixeron nada cando Irisarri subiu o soldo un 70 por cento. Penso que un membro do pc ou calquera que se considere socialista xa sexa cientifico ou non debería loitar contra as desigualdades socias e penurias do proletariado en troques de favorecelas co seu silencio pois con eses cartiños poderianse facer moitas cousas polos máis desfavorecidos da comarca.

terça-feira, 7 de agosto de 2007

BANDA BASSOTTI EN FERROL



Quen é banda basotti? a verdade é que ata hai cinco minutos non sabia quen eran pero cando lin a palabra boicot contra banda basotti entroume a curiosidade.

Banda basSotti é un grupo de ska italiano e a verdade e que soan moi pero que moi ben, as súas cancións están politizadas e son dunha marcada ideoloxia de esquerda. e sega as vidas de civís que nNas súas cancións falan de opoñerse o imperialismo e o capitalismo tamen mostran o seu apoio os pobos que loitan pola súa autodeterminacion e por iso nas súas letras mostran a súa preocupación pela crítica situación dalgúns pobos como é o vasko, o palestino ou como mesmo podería ser o noso pois non debemos de esquecernos que polo momento carcemos de calquer tipo de autodeterminación.

O boikot contra este grupo surxe por mor dunha canción tituada jump lalala e na que se fala sobre o asasinato de Carrero Blanco(alto cargo fascista), nesta cancíon o grupo vitorea a eta pola ación cometida con éxito e que segun o grupo librou o pobo Vasko(e o resto de pobos peninsulares) dunha dictadura que poderia ser ainda máis larga(se cave).


Dende o meu punto de vista esta canción non pode ser considerada como un enaltecemento do terrorismo e dudo moito que os integrantes do grupo esten a favor da violencia contra o pobo inocente xa que na epoca na que eta fixo ese atentado era un exército revolucionario que loitaba contra o franquismo unha forma de loita que nada ten que ver coa actual. Este grupo non merece ser xuzgado só por unha canción e penso que deberiamos de agradecer o concello por traernos a un grupo internacional decente e non a un triunfito como outros anos. Enfin para demostrar que este é un grupo normal como calquer outro deixovos un videoclip que me gustou moito,xd. UN SAUDO

quinta-feira, 5 de julho de 2007

E agora, que carallo facemos??


Vale, reganosa estase a poñer en funcionamento os nosos esforzos non serviron de nada pero agora que carallo facemos? será hora de pegarnos todos un tiro por non ser capaces de unirnos ante un inimigo común? as veces coido que si.

De feito aceptar a reganosa dentro da ría non é máis que un suicidio colectivo posto que todos sabemos que antes ou despois a planta rematará por estoupar e con ela cerca de cen mil ártabro voarán pelos aires. Nos non nos conseguimos poñer dacordo por un fin xusto pese o esforzo dos miles de cidadáns que participaron nas manifestación tódolos nosos esforzos resultaron infrutuosos debido a falta de apoio que tivemos refírome o apoio político pero tamén o apoio da cidadanía posto que se facemos valance o porcentaxe de ferroláns que participaron activamente en contra da planta e basta baixo.
A falta de unión para loitar por un mesmo fin dentro dunha sociedade denota unha total decadencia da nosa comarca, é o noso problema e o primeiro paso para superalo é aceptalo: ferrolterra atópase inmersa nunha total e posiblemente definitiva decadencia xa sexa vista polo punto de vista económico ou social. Dende hai anos temos problemas de desemprego acandando uns límites que en épocas de gloria parecerían imposibles de acadar e na rúa a xente denega o auxilio en caso de que vexan outro cidadán en perigo(salvo contadas excepcións) xa que no estado en que están a nosa terra a cidadanía ártabra só se preocupa polo seu estado presente e nen lle importa que lle poida ocorrer no futuro.

O caso de reganosa e o exemplo máis claro desta enfermidade que ten como sintomatoloxía a falta de camadarería entre os cidadáns(mesmo entre os que son veciños ou parentes) e como resultado final a desaparición deste núcleo de poboación ou polo menos de tal e como o coñecemos. Se buscamos cal foi o causante desta enfermidade non tardaremos moito en atopalos pois son varios motivos entre os que se encontran os políticos corruptos e incompetentes, que o exército freara o crecemento da cidade ou a falta de comunicacións de Ferrol...

Sinto non poder dicir que o que deberiamos facer pero se me teño que tirar a piscina afirmaría que a única forma de que a comarca recuperase o seu antigo explendor sería a union en todo momento da cidadanía para asi apostar por un futuro mellor para todos nos e conseguir frear os especuladores que por afan de riqueza ou de aumentar o seu capital esta a por en perigo o futuro das próximas xeracións de ferrolterráns.

quinta-feira, 28 de junho de 2007

OS MILITARES E A MORTE



Na época medieval un guerreiro sabia que o seu oficio era matar e a cara menos amable desta profesión era que podía morrer, co tempo pouco a pouco os eufemismos foron convertendo e maquillando estas profesión e actualmente non se acepta o verdadeiro papel dun soldado, matar o mellor posible sen deixarse ser matado.

As tropas españolas e doutros exércitos invaden o mundo coa escusas de loitar pela paz e para desenvolver labores humanitarias como se en troques de ser señores que teñen por profesión matar fosen voluntarios dunha ONG. Cando morre un soldado en acción de guerra tratase coma se fora un mártir e a morte del fora algo evitable, dánselle honores de heroe e dende falase acerca de como evitar que morran máis da mesma forma. Un soldado morto non é nada máis que alguén que realizou o seu traballo e fracasou, dende o punto de vista militar o soldado que se deixa matar non é o heroe o heroe é o soldado que mate máis inimigos pero que lle vamos a facer se vivimos nesta surrealista realidade.

Parece que alguén trata de evadirnos da realidade:cando se invade un pais non se lle chama unha invasión, trátase dunha acción humanitaria, cando un civil morre non é un asasinato trátase dun dano colateral; cando un exercito invasor sofre unha acción de guerrilla trátase de terrorismo e cando un militares fracasan na súa misión e morren trátase dun asasinato ou un terrible accidente.

Enfín, non sei como chegamos a estas situación pero que lle vamos a facer se neste mundo de hoxe en día miles de rapaces xogan a ser soldados sen saber que antes ou depois a morte non ha tardar en atopalos pois atoparse accidentalmente con esta negra señora é parte do contrato do traballo polo que eles optaron.

segunda-feira, 25 de junho de 2007

OUTRO ANO MÁIS OS ALUMNOS DOS COLEXIOS PRIVADOS ACADAN FABULOSAS MEDIAS

Logo, iso si non consiguen unhas notas tan altas no selectivo pero por baixa que sexa a note deste exame a nota media tan alta que traen fai que poidan entrar en calquer carreira. E, mentres tanto, nós, os fillos de obreiro e estudantes da ensinanza pública, temos que pelexar pola media e conformarnos con acadar un suficiente. Na pública os profesores tiveron que pasar unha oposición e a maioría son diplomados ou licenciados. Por outra banda, non nos encontraremos enxeñeiros dando clases de inglés ou avogados impartindo física. O caso é que moitas veces poderían ser un pouco menos “tacaños” coas notas, sabendo que necesitamos medias altas para poder estudar nas carreiras máis desexadas. Pero isto non vai ser así porque, entre outras cousas, non reciben subornos por parte dos pais/nais do alumnado, tiveron que sufrir durante a súa etapa de estudantado, teñen coñecementos na materia e dan todo o temario...

De seguirmos así, e, mentres a educación concertada siga recibindo subvencións de dubidosa legalidade, tendo influenzas na Consellería, mellor material que nos centros públicos e un longo etcétera, moitos fillos de obreiro non poderán ser cualificados con xustiza e nunca se acabarán as desigualdades sociais. Porén, as empresas non son parvas e buscan ao que sabe e non ao que viviu de rendas.

Uns centros financian a outros (véxase a cantidade de academias de ensinanza regrada que teñen presenza nos diferentes puntos da nosa xeografía), a ensinanza privada infrinxe leis gravemente (compróbese como non respecta as datas dos exames nin as sesións de avaliación e reclamacións, etc.), teñen infiltrados na administración para obter favoritismos...

Como bo Bardo, debo dicir o que vai a pasar de seguirnos así por moito tempo:
“As desigualdades sociais non so van a seguir, senón que se van incrementar notabelmente pouco a pouco. Os universitarios volverán ser unha elite social como eran hai cincuenta ou sesenta anos e o fracaso escolar cada día será mais elevado. No tocante á ensinanza privada, prefiro non falar desa chapuza”

sábado, 23 de junho de 2007

Parece que xa chegou

A nova estación comeza, as fogueiras arderan esta noite e as sardiñas xa están listas para ser comidas a carón do lume purificador, os que podan farán unha queimada cos amigos, os que non saben facela conformaranse cun pouco de kalimocho para axudar a aguantar este día tan largo.
No pais veciños, os nosos irmáns correran pelas travesas con martelos de xoguete para darse na cabeza e allo macho, os namorados regálanse Manjericos con coplas amorosas cravadas cun alfiler e todo o Porto vivirá unha festa na que a xente invadirá as beirarrúas e na que os cachorros e as bifanas serán comidas por miles.
En troques nesta cidade gris tan só haberá catro ou cinco fogueiras demasiado grandes para poder ser saltadas, teremos que ir a batallón a mirar como arde unha fogueira colosal pero inútil e os bombeiros a apagarannos as nosas pequenas fogatas e ata nos multarán se non temos permiso.

So desexarvos que teñades un bo San Xoán e os que poidades recoméndovos que para o ano que o pasedes no Porto, merece a pena.

domingo, 10 de junho de 2007

CAGO NO G8



O G8 acabase de reunir de novo e para variar non mostra preocupación nen polo medio ambiente nen pola pobreza e a fame que hay no mundo, ata cando os cidadans do mundo serán covernedos por tiranos? esta claro que eu non o seí so espero que o fin deste novo despotismo ilustrado este cercano pois gustaria ver a caida deste corrupto rexime non cal as persoas son valoradas dependendo tan só do seu capital.

sábado, 9 de junho de 2007

O ACTUAL SISTEMA EDUCATIVO, O PLAN OCULTO DA EDUCACÍON


INTRODUCÍON:


Dicir que a educación é empregada polo réxime para o audotrinamento de masas non é nada novo, isto levase facendo dende os comezos do sistema educativo. Cando recordamos a educación durante o franquismo non poñemos en dubida
que se trataba ante todo de inculcar uns valores de obediencia e lealdade ao réxime fascista para que así o día de mañá os daquela estudantes foran acérrimos defensores do fascismo, grazas sorte é o destino isto non ocorreu senón que o contrario, a xuventude de aquela época mostrouse moi oposta ao réxime totalitario e loitou moito contra el.

O que nos pode resultar máis dicifil de creer é que o sistema educativo actual sexa, se cabe aínda máis manipulador e que o seu papel no audotrinamento das masas sexa moito máis eficiente ca o do modelo dos últimos anos do réxime franquista nalgúns aspectos, claro está.

Se analizamos dende dentro o funcionamento do sistema educativo actual e coñecemos ben o grupo de idade estudantil veremos que estes rapaces sufriron un claro caso de condicionamento operante que os encamiñou a:

-Renegar da súa fala nai(o galego) xa que a educación actual fomenta claramente a diglosia.

-Facelos aborrecer a política e que non sintan interés por ela, moitas veces esa falta de interés é aproveitada pelos partidos conservadores que conseguen acadar gran parte do voto da xuventude.

-Ser sumisos as normas estupidas e sen sentido que lles dictaran os seus futuros xefes cando teñan traballo.

-Falta de compañeirismo e camaradería a hora de plantarlle cara a un poder, fomentanse os chivatos e os traidores dende pequenos.

-Evitar que os fillos de obreiros poidan ter estudos superiores e os poucos que poidan que o consigan por seren sumisos en todo momento e aceptalas normas estúpidas do réxime educativo.











“CENTROS EDUCATIVOS”

Durante o proceso de educación o alumno ou porque non tamén chamada vítima cursará estudos nos seguintes niveis cada un deles cun plan de estudos oculto.


PARBULOS:

VERSION OFICIAL: Estes tres anos son moi importantes na vida e na formación dunha persoa, durante tres anos o alumno aprenderá as nocións básicas do linguaxe e dos números e perfeccionarase a súa forma de falar.

VERSIÓN DUN BARDO: Nestes tres anos o alumno collera como figura representante da sabiduría ao profesor o que fala xeralmente en castelán, nestes tres anos o alumno non aprende soamente a leer e a escribir senon que renega da súa lingua nai e toma como o propia o español.

PRIMARIA:

VERSION OFICIAL: nestes seis anos o alumno perfeccionará a súa linguaxe acando un coñecementos básicos de matemáticas, historia, música, inglés e lingua galega.

VERSIÓN DUN BARDO: nestes seis anos o alumno aprende a obediencia total a autoridade, os privilexios de ser un traidor aos seus compañeiros e toma a lingua galega como lingua cerimonial que tan só emprega ao escribir os exames de lingua galega, pois nesta asignatura moitas veces adoita a falar en castelán.

ESO:

VERSION OFICIAL: nestes catro anos o alumno acadará unha educación e unha cultura xeral que lle permitirá abrirse paso no mundo pois terá coñecementos de case tódolos anos.

VERSIÓN DUN BARDO: nestes catro anos prodúcese a doma e castración total dos alumnos, moitos deles non acabarán a ESO e por suposto que non chegaran a cursar bacharelato. O alumno aprenderá nestes a obedecer e acatar as ordes impostas polos profesores, a estudar o tempo que faga falta no que o profesorado mande polo que moitas veces verá as FP como liberación e deste xeito deixará de estudar para ser explotado no cruel mundo laboral.










BACHARELATO:

VERSION OFICIAL: nestes dous anos o alumno será preparado para a vida universitaria.


VERSIÓN DUN BARDO: nestes dous anos a sorte do alumno dependerá do centro onde curse estudos.
SE ESTUDA NA PRIVADA: notas inchadas e aprovados regalados.
NA PUBLICA: as notas medias serán baixas para así non quitarlle as plazas aos fillos de burgueses que estudan na privada, os alumnos deberan ser pelotas como nunca antes o foran para acadar unha nota alta asi como estudar as horas que lle veña en gana o profesor moitos alumnos consegueran excelentes notas nesta etapa para iso tan só deberan seguir unha vida sedentaria con falta de deporte e tempo libre.


NA CARREIRA

NON SEI XD,


CHAMANENTO AOS ALUMNOS:

FRENTE O ACTUAL SISTEMA EDUCATIVO, ¡CAMADERÍA E LOITAR SEMPRE UNIDOS!¡NEN PELOTAS NEN TRAIDORES NEN PROFESORES QUE SE CREAN DICTADORES!




ESTE ARTIGO É UN BORRADOR E CONTEN NUMEROSOS FALLOS, QUE SERAN ENMENDADOS POUCO A POUCO.











Pd: Como en todo no sistema educativo tamén hay profesores que se exforzan por ensinar e non por munipular aos e alumnos e algúns menos loitan con ainco pola nosa lingua e súa normalización a eses poucos tan só pedirlles que non cambien de opinion.

terça-feira, 5 de junho de 2007

Hoxe teño unha mala noticia que vos contar.


Penso que hoxe é un destes días tristes nos que un bardo non ten ganas de tobar, pois hoxe amigos meus sucedeu algo que non tetia por que pasar. A noticia xa a coñecedes todo hoxe as 12 da noite Euskadi Ta Askatasuna volvera a loita armada.

Por que sucede isto?
En gran parte polo boicot a esquerda vasca, refirome as ilegalizacións de listas nas eleccións municipais. E que estas listas o meu parecer non debían de ser ilegalizadas pois representaban a unha gran parte da sociedade vasca. Eu penso que a xustiza ten o dereito e a obligación de xuzgar os crimes cometidos por unha persoa pero unha vez que a deixa libre esta persoa deberia de facer todo o que desexara sen incumplir a lei polo que me opoño a como se esta a usar a lei de partidos.

Que esta a probocar?
Medo en gran parte da poboación peninsular pois os atentados son perigosos para todos e non só se levan a vida de fascistas senon que tamen a de moitos inocentes. Ademáis esta decision de tomar as armas de novo por parte de ETA esta sendo utilizada pola extrema dereita castelá(PP) que demoniza o nacionalismo por consideralo violento sen ter en conta que a maioria dos nacionalistas peninsulares rechazamolos actos terroristas.

Que vai pasar?
O Pse seguira co bo talente pero non prometerá nada o pobo Vasco, por suposto que de autonomia ou de novo estatuto na de na. A extrema dereita castelá electoralizará todo o que poida a decisión de Euskadi Ta Askatasuna para tomar todo o protagonismo que poida.

Solución:
Se a tivera non estaría aqui xd. Xa sei que non creo que por esta web pase un membro de Eta que sepa leer o galego pero se teño esa sorte dirialle a miña solución, pois bardo non será outra cousa pero sí é un gran soñador:

-Avandoar a loita terrorista pois pois o terror pon en contra o pobo.

-Facer verlle o pobo o fascismo dos partidos que se creen progresistas.

-Tratar de acadar a autodeterminación mediante a vía politica e co apoio do resto de nacións oprimidas
-Se todo isto falla, so se todo isto falla, as nacións oprimidas deberíanse revelar contra o estado como sucedeu na Galiza no ano de 1886 cando os provincialistas case conseguen a independenza deste noso pobo.

Saudos a todos, esperemos que algun tódas as nacións sexan libres do xugo castelán mentres tanto que a loita vos sexa amena.

domingo, 3 de junho de 2007

TODOS E TODAS SOMOS IMPORTANTES


A manifestación en contra de reganosa foi todo un éxito, non sei cantos éramos pero de verdade que debiamos ser uns cantos milleiros pois a Praza de Armas estaba cheiña de todo. Pero como eu son moi criticón teño que criticar esas cousiñas que non deberian de ter pasado:

1ºO fin de esta manifestación era protestar en contra de planta de gas. Esta planta afecta a todos os ferroláns e non só os mariscadores e posto que tódolos mariscadores son cidadáns de Ferrol non debemos organizar os cidadáns de Ferrol por separado xa que só o pobo unido alcanza a victoria.

2ºA encarcelación de Bastida foi un claro abuso de autoridade como o foi a carga policial e o boicot de prensa que se lle esta a facer a este tema. Nós non debemos protestar únicamente por un caso do abuso de autoridade senón que por todos os abusos que se están a cometer.

3ºNo manifesto nombráronse a tódolas organización e persoas que se consideraron importantes, esta foi unha lista moi longa e non sei por que se leu. Perdeuse o tempo agradecendo os diferentes candidatos de Eu e o Bng que acudirón a manifestación, non sería máis correcto agradecer en 1º lugar o pobo de Ferrol a súa implicación na loita contra a planta de gas, en 2º lugar a xente chegada de fora(en especial unha peña do linares) e 3º, por último os partidos que se posicionan claramente en contra da planta de gas? ou sexa EU, NOS-UP e os Verdes, xa que o Bng non ten unha clara posición en contra da planta de gas.

Asi que aqui bardo dedicavos a seguinte nota de agradecemento a todos aqueles que se sentiron omitidos na lista:)

Hoxe conseguimos mandar un claro mensaxe que sera escoitado por toda a peninsula o mensaxe é claro e facil de interpretar: ¡NON A PLANTA DE GAS!
Por moitos impedimentos que nos poñan nós, non nos imos a rendir xa poden empregar a forza ou encarcelarnos que non nos imos acovardar. Por moitas balas de goma que nos lancen, por moitos camaradas que encarcelen o noso mensaxe seguirase a escoitar: ¡NON A PLANTA DE GAS!.
Grazas a tódolos compañeiros e compañeiras que fixeron posible que este mensaxe fora tan repetido neste soledado día. Eu non podo máis que agradecer o exforzo que esta a realizar o pobo de Ferrol e tódalas asociacións de Ferrolterra. Grazas tamén os compatriotas chegados das diversas partes da Galiza e que comparten a nosa loita "asi como agradecer a la peña del Linares por su incalculable apoyo que nos esta a aportar en el día de hoy". Darlle tamén as grazas os diferentes grupos políticos que decidiron facer súa esta honrada loita e pedirlles que nos defendan pois eles saben que o pobo necesita o apoio dos políticos pero tamén deben recordar que os políticos necesitan o apoio do pobo, en especial darlle as grazas A EU, NOS-UP, OS VERDES e tódolos políticos de partidos non posicionados como é o caso de Beiras e os que lles pedimos que insten os séus partidos a que nos apoien. Por ultimo agradecer os diversos sindicatos que acudiron a marcha e recordarlle o mundo que temos un claro mensaxe que non nos cansaremos de gritar: PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA


PD: VEDES? DAR AS GRAZAS NUNCA FOI TAN DOADO


PD: IRISARRI ONDE ESTAS?
O PSOE ONDE ESTA?
O PSOE ONDE ESTÁ?
ESTÁ VENDIDO O CAPITAL(GRITO DE BARDO E DALGUNS AMIGOS SEUS NA MANIFESTACIÓN DO DOMINGO DÍA 3 DE XUÑO EN CONTRA DA PLANTA DE GAS)

sábado, 2 de junho de 2007

FRAGATA MILITAR ENCANONA O PORTO DE FERROL


HOxe din unha volta por Ferrol cuns amigos, e cando pasei polo porto de camiño para a Malata vin que no medio do peirao hai unha fragata militar.
Esta é unha mostra máis do abuso de autoridade que se esta a facer nesta vila, esto é unha democracia? coido que non. Xa sei que non van disparar os canons pero o mero feito da amenaza que supón a fragata é un ataque a liberdade de expresión.
Nistes momentos preguntome como he que por cousas como estas non pedimos que se cumpla a lei de partidos e que ilegalicen os partidos que mandan este tipo de ordes partidos como o PP, o PSOE, DEMOCRACIA NACIONAL, CIDADANS PER CATALUÑA.... pois estanse a comportar como fascistas. Pero non, os xuices non o fan, eles ilegalizan listas que eu considero legais. Criban a esquerda coma nos tempos do Paco pero non se atreven coa dereita por moitas cousas que faga.


PD: Dixen psoe? si, o psoe estase a comportar moitas veces como o pp e esto de poñer a fragata é outro claro exemplo.
Pois maña as doce o mediodía teño unha cita con Ferrol, as doce no porto de ferrol os ferroláns mandaremos de novo un mensaxe a clase política. Un mensaxe que seguramente non será grato de recibir pois pon en perigo os intereses de diversos personaxes con gran poder nesta corrupta sociedade.

Os empresarios non durarán en exercer o seu poder para mandar sobre nos os seus cans de presa os seu exercito particular. Ises brutos os que nos lles pagamos o seu soldo, para que? para que macen en nós?

Mañá hai que facer todo o ruído que sexa necesario pois senón o noso mensaxe correrá o risco de non ser escoitado. Debemos facer todo o barullo que poidamos e coa picota ter moitísimo coidado. Pois esta claro que a mínima de cambios os antidisturbios cargarán se teñen unha escusa con que xustificalo. Se carguen ala eles, pois nos imos a ser máis pero debemos non facer nada polos provocar pois mentres que nos só temos as mans para os atacar eles teñen chalecos antibalas, cascose e demais armas de dominación para encadear o pobo ao capital.


DESEMPOLVANDO AS BANDEIRAS:

Xa os bellos tambores voltan a se golpear
e a o alegre son da gaita empéza resoar
as antigas bandeiras nas casas se estan a desempolvar
e esta durmida terrá pronto ha do soño espertár.
(Anonimo colgado na rede)

quinta-feira, 31 de maio de 2007

Valentía si, pero sempre


Durante estes días, están tendo lugar no Porto de Ferrol unha serie de brutais cargas policiais típicas de gobernos fascistas contra a xente que se manifesta en contra da planta de Reganosa. Está claro que agora xa non é momento de protestar porque o proxecto xa se levou a cabo, pero tamén salta á vista que o emprazamento é pésimo e roza a ilegalidade.
Porén, o que realmente é unha inxustiza é que os axentes da orde póñanse tan agresivos e traten ao pobo como se de inimigos se tratase, cando moitas veces acovárdanse ao ter que actuar nas rúas contra malfeitores perigosos. Cando alguén chama á policía, ás veces tardan moitísimo en chegar e non se definen precisamente pola eficacia. Non entanto, para defender a planta de gas non tardaron nin cinco minutos en recorrer toda a cidade, correndo cos furgóns coma se estivesen nun circuito. Isto demostra varias cousas. Por unha banda a pouca organización e preparación dos corpos de seguridade, que actúan contra quen non deben e danlle malleiras ao máis indefenso porque non se atreven contra os que realmente poden defen pola eficacia. Non entanto, para defender a planta de gas non tardaron nin cinco minutos en recorrer toda a cidade, correndo cos furgóns coma se estivesen nun circuito. Isto demostra varias cousas. Por unha banda a pouca organización e preparación dos corpos de seguridade, que actúan contra quen non deben e danlle malleiras ao máis indefenso porque non se atreven contra os que realmente poden defenderse. Da mesma forma, hai algún político recentemente elixido, que non está a defender as ideas que promulga o seu partido e, como xa conseguiu os votos, agora agocha a cabeza para non mollarse nin dar a cara e deixa que haxa detencións, palizas, inxustizas e demais accións represivas porque non quere comprender o indubidable perigo que supón un tanque de gas.


Artigo cedido por un colaborador externo. Grazas pelo artigo.

Avanti Popolo!!