sábado, 23 de agosto de 2008

A min non che me fixo graza.

Onte o cómico carballés Robert Bodegas, coñecido pola súas aparicións no programa “Se lo que hicisteis.” fixo dúas actuacións en Trasancos, unha en Ferrol e outra en Neda. O televisivo cómico, en sendos actos patrocinados por M.A.P.I.E (a última campaña publicitaria da marca de cervexa ”Estrella Galicia”) levantou moita expectación.

Pero, pese a reunir un numeroso público, o humor deste cómico foi mediocre en todo momento. Nun perfecto castrapo(alternaba unha frase en galego con outra en castelán), fixo risa da súa terra natal, Carballo.

Segundo Robert Bodegas, Carballo é un sitio onde soamente aí un ponte romano xa que o lugar e tan feo que os latinos decidiron seguir o seu camiño. Na realizade Carballo é un concello que amosa un importante legado historio, sendo un lugar no que se atoparon restos do paleolítico, período castrexo e a idade media. Entre os monumentos a visitar están os diferentes castros(en total máis de vinte catalogados) e antigos asentamentos moi frecuentes pois foi unha zona antigamente poboada e tamén hai dolmens, como é o de Pedra Moura. Os romanos non se espantaron cando chegaron a carballo, senón que quedaron abraiados pola fertilidade das terras, pola abundancia de minerais e pola existencia de augas sulfurosas.

Pese a que en principio, falar do feo que é carballo non ten nada malo xa que se esta esaxerando para facer rir, xa que todos coñecemos a verdadeira realidade. Robert, como renegado que amosa ser, emprega a súa terra para facer risa.

Ao igual que onte nos rimos de carballo, son moitos os que escoitando a Robert mófanse da nosa terra tódalas semanas de luns a venres. O “Garabatas” cultiva o monólogo do renegado, facer risa a conta de forzar o acento e falar mal do lugar de nacemento.


Vídeo da actuación en Ferrol:

Um comentário:

Anônimo disse...

Hay que verlo en contexto. No me parece un poco de sátira tan grave. Además, yo lo veo como una sana crítica y no como "renegar de la tierra propia".

Avanti Popolo!!