segunda-feira, 31 de março de 2008

Quen é Leila Khaled?

Leila Khaled secuestrou o seu primeiro avión en 1969 converténdose nun símbolo internacional da loita armada palestina. Posteriormente fixo a cirurxía estética para non ser recoñecida. Leila tamén significou un símbolo para as mulleres que nos anos 70 loitaban polos seus dereitos.

Actualmente é membro do Consello Nacional Palestino, loitando así pola súa causa dende a política..

Para Leila o terrorismo e obrigar a un pobo a marchar da súa tera, obrigar aos nativos dunha zona a vivir en campos de refuxiados namentres os colonos viven en grandes urbanizacións amuralladas.

Lelia Khalad da unha Charla en Ferrol

Organiza

A. C. Fuco Buxán

A situación Palestina, hoxe.

Martes, 1 de Abril, 8 tarde.

Galería Sargadelos – Ferrol

Interveñen:

Manuel Angel Cendán Dopico

Directivo de Fuco Buxán

Xoán Gabeiras Vérez

Presidente de Galiza por Palestina

Leila Khaled

Militante histórica da causa Palestina e

membro do Consello Nacional Palestino

Colaboran:

Galería Sargadelos - Ferrol

Galiza por Palestina

Deputación de A Coruña

quinta-feira, 27 de março de 2008

Actos republicanos en Abril.

Mapa da península cos actos en prol dunha III república que se celebraran por toda a Península ao longo do vindeiro mes. No caso de Vigo, realizarase unha manifestación o 14 de Abril ás 8 da tarde.


sábado, 22 de março de 2008

Fin do circo

Durante unha semana vimos como señoras con abrigos de visón e homes con xerseis blueberry choraban de dor ao ver pasar unha figura de mármore. Son moitos os que senten unha verdadeira dor ao ver a imaxe de cristo moribundo e mesmo hai xente que paga moitos cartos por poder recorrer as rúas facendo penitencia. Isto pasa todos os anos polo non é nada novo. Tampouco o é que moita desta xente que se sente tan apaixonada pola dor que sufriu un tal Xesús hai uns dous mil anos non é capaz de sentir compaixón e de axudar ao próximo.

Son moitos os penitentes que unha vez rematada a semana santa volvan aos seus empregados. Directivos de bancos e empresarios que non só non mostran compaixón do próximo. Senón que cumpren case tódolos dos preceptos que predicou ese tal Xesús hai dous mil anos. Son centos os grandes empresarios que se disfrazan de cofrades, pero cantos ceden unha parte da súa fortuna aos pobres(como de seguro faría Xesús) ou lles pagan dunha forma digna aos seus empregados?

Verdadeiramente a imaxe deste señor, deste tal Xesús. Parece que non quere ser odia polos que se din Cristiáns. Para tratar de que isto deixe de pasar, e que a mensaxe chegue ao pobo. Foron moitos os teólogos cristiáns que avogaron por que a mensaxe de Xesús fose máis cércana ao pobo. Dende os primeiros homes cultos que decidiron traducir a biblia e dar misa na linguaxe propia de cada pobo ata a recente “teoloxía da liberación”. Non sei por que pero todos e cada un deses intentos de acercar a verdadeira mensaxe de Xesús ao pobo foron brutalmente reprimidos pola igrexa católica.

No ano 1977 María López Vigil( periodista cubana que antes foi relixiosa teresiana) e José Ignacio( namorado da radio que antes foi sacerdote xesuíta e que estudou teoloxía bíblica) escribiron uns libretos dunha radionovela sobre a vida de Xesús titulada “Un tal Xesús”. En 1980 a serie empezou a ser escoitadas por emisoras e grupos por toda América Latina, posteriormente editouse un libro. Os textos desta serie tamén foron empregados para varias obras de teatro e nun futuro non moi lonxano farase una película. Esta traducido a varios idiomas e actualmente pódense descargar de forma gratuíta dende unha web. Esta versión da vida de Xesús non gustou a igrexa católica, autoridades relixiosas condearon a serie e prohibírona con ameazas e ata excomunións, o que non fixo máis que publicitar e animar a xente a escoitar esta radionovela. Déixovos o texto do primeiro episodio sacado integramente da súa web.

quarta-feira, 19 de março de 2008

A lenda de Juba.


Quen é Juba?Hai algo máis dun ano, soldados americanos comezaron a ser abatidos por un francotirador descoñecido que tiña unha forma de actuar diferente ao resto. Disparaba dende unha distancia media, uns douscentos metros, facendo sempre só un disparo para evitar ser localizado. Cando finalmente os americanos conseguían chegar ao lugar dende onde se realizara o disparo, atopaban unha nota ou un graffiti onde se podía ler: “o que foi tomado con sangue non se pode recuperar salvo coa sangue- Francotirador de Bagdad”

Os ianquis, non sabendo como referirse a este inimigo invisíbel que os ameazaba decidiron chamalo “Juba”, un nome persa escollido máis ou menos ao chou. Sen sabelo, acababan de crear unha lenda.

Co tempo foron aparecendo vídeos en youtube colgados por Juba así como o aumento dos ataques por parte de este. Poida que Juba sexa só un home, pero todo apunta a que son varios francotidores coa mesma forma. De forma que o que semella un home de lenda, son en realidade moitos homes anónimos, algúns xa foron abatidos polos americanos.

Son moitos os iraquies que sente sinpatía e admiración por Juba. Isto débese a que el xamáis asesinou a civís. Cousa que si fan os americanos(o mal chamado dano colateral). Polo que tamén son moitos os que deciden seguir os pasos de Juba e facerse francotiradores pasándo a reforzar a insurxencia iraquí.

O que probabelmente foi un francotirador cunha nova forma de actuar baseada en libros ianquis de estratexia militar(recoñeceo nos seus videos) rematou sendo un nome colectivo que comparten moitos insurxentes anónimos. Polo que Juba non é un home só, Juba é todo o movemento insurxente.

(o video é un pouco forte)

Viñeta en castelán sobre as procesións.

segunda-feira, 17 de março de 2008

Iso non é arte

No ano 2007, Guillermo Vargas Habacuc, un “gran artista do arte moderno” realizou unha nova obra.Colleu a un can abandonado na rúa e levouno a un museo. Alí atouno a unha corda moi corta nunha parede da galería de arte e deixouno alí para que a xente puidese ver como se consumía lentamente, sen beber nin comer, ata que finalmente morreu de inanición.

Durante varios dias, tanto o autor da obra, como os visitantes(snobs) contemplaron de forma impasible a agonía do pobre animal. Finalmente morreu de fame e sede despois dunha larguísima agonía.

O peor de todo deste asunto é para moitos expertos en arte isto foi “unha magnifica obra de arte”, polo que Guillermo Vargas Habacuc foi invitado a repetir a súa “magnífica obra de arte” na prestixiosa Bienal Centroamericana de Arte do 2008.

Estanse a recoller firmas en: http://www.petitiononline.com/13031953/ para tratar de facerlle boicot a este “artista” pois a moitos parécenos que o seu lugar non esta nunha galería de arte gañando moitos cartos grazas as torturas que infrinxe a animais indefensos; máis ben debería estar nun psiquiátrico.

domingo, 16 de março de 2008

Con algo de humor

Vídeo que en clave humorístico trata o problema do envellecemento da poboación.



¡¡ RACING 2- EXPORTING 2!! non é unha vitoria, pero tampouco unha derrota.

Este sábado 15, uns 4 000 asturianos invadiron literalmente Ferrol coma se foran unha horda bárbara. Pasei a iso da unha e media da tarde por diante da Malata e os borrachos xa se contaban a ducias. As seis e media(hora do partido) superaban a centena, aqueles siareiros do Sporting que case non daban coordinado os seus pasos.

Tamén había uns cantos coches de antidisturbios, para tratar de que houbera orde. Os policías non vixiaban toda a zona. Simplemente estaban en dous lugares. Eu viña dende Canido coa miña bandeira e a miña bufanda do Racing cuns cantos amigos. Baixamos cara as taquillas polas escaleiras e topámonos coa horda. Camiñando rodeados de asturianos que nos berraban que lles deixaramos gañar, que non sacaramos a Pereira e outras cousas menos bonitas(estas últimas pregoadas polos abundantes borrachos) chegamos as taquillas e logo de mercar unha entrada fomos para os nosos asentos en fondo.




Dentro de campo, un paisaxe dantesco. Catro mil asturianos que semellaban un fantasmagórico exercito enviado para arrasar Ferrol. Debido distancia co outro fondo onde estaban acomodados e a que os ástures non berraban demasiado ese aspecto de pantasmas era aínda mais arrepiante.

O partido comezou cun gol dos bables, secundado por dous tantos do equipo de Trasancos e un último tanto do equipo asturiano. O Racing de Ferrol xogou con forza e maña durante todo o partido, pero a defensa asturiana paraba con forza bruta as filigranas dos nosos. Finalmente o partido rematou en empate, 2-2. Acadando así cada equipo un punto, non é moito pero, algo é.

A saída do campo eu levaba unha bufanda e unha bandeira do noso equipo. Cando subía polas escaleiras que dan a estrada onde están as portas de preferencia, un siareiro Sporting agarroume a bufanda e votou a correr . Eu perseguino para recuperala miña bufanda, sen soltar a bandeira do Racing.



A xente non me auxiliou non sei se foi por que pensaban que eu era o agresor ou se era por que lles daba igual. O caso e que el levaba tenis, eu botas, el levaba chándal, eu chupa e vaqueiros. Perseguino con todas as miñas forzas detrás del, berrando e pedindo auxilio pero ninguén facía nada. Total que cando me din conta xa estabamos chegando a FIMO, o lugar onde puxeran unha carpa para deleite dos bables. Entón dinme conta do que estaba pasando, tenderanme unha trampa para darme unha malleira entre varios en FIMO. Buscaran a un afeccionado do Racing, nin moi neno nin moi home(pois nin tiñan tan poucos escrúpulos como para pegarlle a un neno pequeno nen eran tan valentes como para enfrentarse cun home maduro) para atraelo e zoscarlle logo entre varios. Pese a que o perseguin con ansia ata que me vin rodeado de asturianos, non tiña ganas de que me zoscaran sendo eles mais polo que finalmente volvinme cara o estadio, total por unha bufanda.

Tamén e salientábel que nas gradas do Sporting eran moi abundantes as bandeiras españolas e a simboloxía racista-fascista. Iso e o pelo case rapado do ladrón fanme pensar tal vez foi un skin de dereitas o que me roubou a bufanda(pena que non o din collido).

quinta-feira, 13 de março de 2008

Sobre o voto útil.

Vídeo de IU que nos explica que pasa cando decidimos votar ao PSOE para “fortalecer a esquerda”. Algo que ocorreu bastante nestas últimas eleccións.







Como nos explica o vídeo unha baixada nos votos de partidos como IU, ERC ou ao BNG(pese que este último partido aumentou o número de votos no 2008), non ten por que aumentar os deputados acadados polo PSOE. Moitas veces esta medida favorece máis ao PP que ao POSOE. É algún inxusto, pero é certo.

segunda-feira, 10 de março de 2008

10 de Maio:




O día de onte non foi especial por que se botara no mar esa gran lata de sardiñas, capaz de matar a centos de persoa a distancias inimaxinables. O día de onte foi especial porque os galegos recordamos os nosos compañeiros sindicalistas asasinados aló polo dez de marzo do 1972.

Con motivo da chegada dos reis dunha forma máis que inoportuna, foron máis de milos ferroláns e galegos vidos doutras partes do país para apoiar a causa obreira. (mil na da CIGA, carenta na concentración, e uns centos de persoas da de CCOO) Houbo tres actos sinalables, dous de marcado carácter nacionalista a vez que socialista e republicano e outro soamente socialista e republicano.


Sobre as 18:00 houbo unha concentración, en fronte da porta de Bazán para mostrar o seu rechazo contra a monarquia. Na concentración xuntáronse unha coarenta persoas, sinto non poder dicir máis xa que non puiden asistir a ela.


A eso das 19:00 saíu dende o inferniño unha manifestación convocada por CC OO. Dentro da cal se agruparon distintos partidos políticos, por un lado a xente do PSOE e por outro a de IU. A manifestación, moi numerosas, na cal se portaban bandeiras republicanas e había unha pancarta en contra da planta de gas tivo un ambiente ameno pero a xente estaba bastante calada. Unha das cousas que me chamou a atención foi o esforzo que fixeron estudantes da USC que estudan en Santiago en achegarse a nosa cidade para mostrar o seu apoio, estes estudantes pertencían as “Xuventudes Comunistas” e foron os que máis se esforzaron por protestar en contra do capital e do sistema capitalista.

Finalmente unha última manifestación, e a probabelmente máis numerosa percorreu o centro de Ferrol dende a sede da CIG ata o cantón, pasando pola praza de España. Esta manifestación tivo por unha banda un marcado carácter antimonárquico e en prol das necesarias medidas sociais(ao igual que a de CCOO), a vez que nacionalista e independentista. Decenas de bandeiras galegas ondeaban entre os asistentes, e dentro da manifestación había xente do BNG e Nos-Up. Tamén asistiron a manifestación os membros de Briga cunha pancarta en contra dos Borbóns. A xente da manifestación estaba bastante animada, coreáronse berros a favor dunha futura república galega e consignas recordando os obreiros mortos no pasado. A manifestación deuse por concluída despois de que os asistentes cantasen o Himno Galego e a Internacional.


Poida que non saia demasiado na tele o que pasou, pero esta é a verdade. Moitos galegos estamos fartos da monarquía e de todo o que nos ven imposto por Madrid. Sinto non ter sacado fotos boas, pero é que só levaba o móbil encima e o resto de fotos vense tan ma que non se distinguen.

(unha foto esta colgada usando a ruta da imaxe directamente dende a páxina de orixe, a da CIGA)



VIDEOS DO 10 MARZO:







Cos resultados na man:


Podería dicir que ZP vai facer uns magníficos catro anos de mandato e que traerá felicidade ao mundo, a paz mundial e todas esas promesas máis ou menos cribles..

Para moitos que se din de esquerdas a vitoria do POSE e un paso adiante para acadar unha mellor sociedade na cal as diferenzas entre ricos e pobres sexan mellores, pobres crédulos.
O PSOE actual nada ten que ver co partido que unha vez fundou o ferrolán Pablo Iglesias. Este partido foi pouco a pouco camiñando cara o cento, pero sen cambiar o seu nome. O gran numero de escanos acadados vaille permitir gobernar con tan só o apoio dun partido nacionalista, a poder ser aliaranse cun de dereitas(probabelmente CiU).


Farán unha política de centro-liberal, que é o que desexan os seus militantes das clases altas, e en canto autodeterminación das nacións ibéricas(como é o noso caso), dubido que consigamos algo nestes catro anos.


Coido que o este “tsunami bipartidista” ameaza con crear un sistema similar alternancia de dous partidos dinásticos no século XIX, partidos que pese a que os seus nomes eran moi diferentes, pero que a hora da verdade viñan sendo o mesmo.

Maila todo, o BNG obtivo uns bos resultados, alégrome de ter optado por eles. Poida que non teñamos de momento moitos deputados galegos en Madrid pero polo de pronto haberá alguén que fale por nós.




domingo, 9 de março de 2008

Sigue os resultados electorais na Cova Céltiga.

Que é iso de que so as páxinas importantes dean en tempo real os datos do escrutinio? eu non penso ser menos.

Grazas a unha páxina de información independente, que permite que os blog colguen os seus datos que eles reciben do ministerio do interior, podedes seguir o escrutinio na cova.

Os datos iranse actualizando automaticamente dende as oito da tarde, de momento podedes ver os resultados das anteriores eleccións, en posteriormente poderedes comparalos cos das actuais.



sexta-feira, 7 de março de 2008

REFLEXIONEMOS

Xornada de Reflexión e Día Internacional da Loita Feminista


Hoxe, nove de marzo é o Día Internacional da Loita Feminista, pero como tamén é xornada de reflexión moitas manifestacións de caracter feminista foron desautorizadas polo goberno.


Un só día ao ano non serve para nada. O machismo non se combate na rúa, senón mediante a educación. Tan só educando aos nenos na igualdade entre sexos será posíbel acadar unha sociedade non machista. Reflexionando sobre o asunto e sen meterme en política, que non sexa social, dicir que pese aos posibles enfados que esta afirmación provoque: estou en contra dalgunhas argumentacións feministas.

Creo que os nenos, deben ser educados por homes e mulleres, creo en que se debe de pagar igual a un traballador que a unha traballadora, penso que as mulleres son tan intelixentes como os homes, igual de válidas para tódolos traballos e que é necesario acadar unha sociedade na cal no se discrimine polo sexo.

Namentres non comparto outras afirmacións. Móstrome contrario a lei de paridade pois as mulleres son igual de válidas que os homes, elas non necesitan que as metan nas listas electorais por cupo xa que elas mesmas son capaces de facerse un oco no mundo político, laboral e en tódolos campos que desexen. Débese obrigar aos empresarios a ser xustos cos contratos, pero a chamada “discriminación positiva” tan só serve para destinas cartos a empresa privada e unha autentica paletada.

Tampouco penso que os homes sexamos inferiores a elas, nos non somos uns bichos e descerebrados. Vale, e certo que algúns homes son moi brutos, pero tamén existen mulleres moi bestas. Nin os homes son superiores as mulleres, nin as mulleres o son aos homes.

En canto a afirmación(utópica, dalgúns sectores do feminismo) de establecer un matriarcado, coido que non só é imposíbel senón tamén é un sistema inxusto; debemos buscar unha sociedade igualitaria, toda discriminación e sempre prexudicial.

E por último falar dos nomes, opóñome a nova linguaxe con tantos femininos, en palabras que xamais se usaron. Pois a linguaxe non é machista, en tal caso machistas serán os que o usan.

Elas paren, logo é lóxico que elas decidan.

quarta-feira, 5 de março de 2008

DOUS DEBATES:


Mira que son malos en xeral os políticos. Os seus discursos aburridos e as súas argumentacións absurdas. O peor de todo é que moita xente failles caso mesmo cando o fan tan mal coma estes dous señores neses dous debates.


Por un lado Rajoy botou pestes contra a lei de normalización, dixo que non nos van deixar elixir o noso destino como pobo, tratou de enganar a xente con gráficas que eran doadas de malinterpretar, dixo que estaba a favor da guerra de Irak... Cor outro lado Zapatero falou moitas veces coma se fora un presidente de esquerdas(pena que logo a hora da verdade non o sexa), entroulle ao trapo a Rajoy, falou da marabillosa lei de Dependencia(que ata o momento é todo fume), interrompeu ao outro candidato...

Coido que polo malos que son os españois non os deberían votar, existindo partidos con maior contido e propostas de tipo social como é o caso de IU. Pero como son galego, que máis me da? de todas xa non os ía votar.

O que me pareceu verdadeiramente ofensivo foi a única vez que Rajoy se referiu a Galiza e o fixo para falar dos problemas que os nacionalistas causamos aos castelanfalantes, pero que máis da. Pese a mencionar o terrorismo ningún falou do terrorismo fascistas(que non últimos anos segou case tantas vidas coma o terrorismo etarra), tampouco falaron dos informes sobre a tortura neste estado feitos por organismos internacionais, nin do canon dixital, nin falaron amplamente do cambio climático nin trataron o plan Boloña(que ambos defenden).

En resume, dende Fofo e Miliqui facía tempo que non se vía a dous señores discutir por temas que non lle importan a nada(o tema da 1º pregunta e demais) sabendo que un dos dous(apostaría que Zapatero) vai se o que nos mal goberne durante catro anos.

Collendo prestada a frase que colleu prestada Zapatero:

Boa noite(longa e de pedra), e boa sorte(pois fainos falla para saír adiante como pobo)



PD: a caricatura é dun republicano español, pero collina para ilustrar o tema.

terça-feira, 4 de março de 2008

SE VAS VOTAR LEE ISTO(e opina)


SE VAS VOTAR LEE ISTO(e opina)

Veña quedamos en que hai que votar, a pregunta é aquen, estas son unhas cantas opcións e as miñas respostas.

Alternativa española? ¡¡¡ NON !!!

Por qué?

Eu non son español

Falange Española De Las J. O. N. S. ¡¡¡ NON!!!

Por qué?

Porque deberían estar ilegalizados, os seus simpatizantes asasinaron a centos dos nosos, e non hai tanto tempo.

Falange Auténtica: ¡¡¡NON!!!

Por qué? Pois porque deberían estar ilegalizados, os seus simpatizantes asasinaron a centos dos nosos, e non hai tanto tempo.

Democracia Nacional: ¡¡¡NON!!!

Os seus simpatizantes apuñalan aos antifascistas, danlles tundas aos mendigos, asasinan transexuais.

TODOLOS PARTIDOS MINORITARIOS POR CAUSAS VARIAS: ¡¡¡NON!!!

Por qué?

Pois porque moitas desas causas xa as contemplan outros partidos coma EU ou mesmo BNG. Un partido non pode estar baseado na defensa dunha única causa, debe defender moitas.

Upd: ¡¡¡NON!!!

Por qué?

Son unha mistura dos tránsfugas fachas do PSOE e os progres do PP, son pro centralistas e non comparten a preocupación que temos moitos pola nosa lingua.

EU: Non é a peor opción.

Son un partido de esquerdas, demasiado amiguiño do PSOE ultimamente(gran parte do PC está enfadado con Llamazares), defenden unha república federal, a legalización da marihuana e outras moitas cousas necesarias. O malo é que en Galiza non é probable que consigan escaño.

PP: ¡¡¡NON!!!

Por qué?

Son un partido de dereteita-extrema dereita. Están en contra da lei de normalización lingüística aprobada por Fraga(e mira que é dos seus), móstranse recios a nosa autodeterminación, son unha panda de caciques corruptos e son uns mentiráns(e máis cousas que non me da tempo a dicir).

PSOE: ¡¡¡NON!!!

Por qué?

Dinse de esquerdas pero son un partido de centro dereita. Nunca din claro o que van a facer, basean todo en achegarse ao PP para tratar que este pacte con eles, non van impedir a institución do plan Boloña, crearon o canon dixital...

BNG: ¡¡¡SI!!!

Por qué?

Se queremos que en Madrid haxa alguén que se encargue de defender os nosos dereitos e interese, en tratar de o goberno deixe de maltratar ao noso país, se queremos acadar algún día certa autodeterminación; deberíamos de votarlles nesta ocasión aínda que cada día estean máis aburguesados. O BNG xa non é o partido revolucionario que era en tempos e os ideais da UPG perderon forza pero seguen a ser o único partido galego con deputados en Madrid.

VOTO OU ABSTÉÑOME?



¡¡¡¡VOTA!!!!

Dende algúns sectores do nacionalismo galego e a esquerda ibérica en xeral estase a chamar a xente a abstención para protestar polas últimas ilegalizacións de partidos que para moitos non deberían ser ilegalizados.

Persoalmente coido que o caso galego é bastante diferente doutros peninsulares. A abstención por parte dos sectores nacionalistas non cambiaría nada. Na nosa terra os partidos que conseguen máis votos son os españolistas, partidos que son os responsábeis desas ilegalizacións.

O voto de castigo para eses partidos non é o voto en branco, e ir a votar e votar ao único partido galego con posibilidades de facer presión en Madrid, e ir a votar e votar BNG. e ao PSOE. O nacionalismo galego hoxe en día non ten o suficiente apoio para acadar a independencia de Galiza, o nacionalismo galego esta obrigado a gobernar e facelo ben se quere lograr a nosa autodeterminación. E todos os que apoien a causa deberían facer o mesmo.

Avanti Popolo!!