quarta-feira, 19 de março de 2008

A lenda de Juba.


Quen é Juba?Hai algo máis dun ano, soldados americanos comezaron a ser abatidos por un francotirador descoñecido que tiña unha forma de actuar diferente ao resto. Disparaba dende unha distancia media, uns douscentos metros, facendo sempre só un disparo para evitar ser localizado. Cando finalmente os americanos conseguían chegar ao lugar dende onde se realizara o disparo, atopaban unha nota ou un graffiti onde se podía ler: “o que foi tomado con sangue non se pode recuperar salvo coa sangue- Francotirador de Bagdad”

Os ianquis, non sabendo como referirse a este inimigo invisíbel que os ameazaba decidiron chamalo “Juba”, un nome persa escollido máis ou menos ao chou. Sen sabelo, acababan de crear unha lenda.

Co tempo foron aparecendo vídeos en youtube colgados por Juba así como o aumento dos ataques por parte de este. Poida que Juba sexa só un home, pero todo apunta a que son varios francotidores coa mesma forma. De forma que o que semella un home de lenda, son en realidade moitos homes anónimos, algúns xa foron abatidos polos americanos.

Son moitos os iraquies que sente sinpatía e admiración por Juba. Isto débese a que el xamáis asesinou a civís. Cousa que si fan os americanos(o mal chamado dano colateral). Polo que tamén son moitos os que deciden seguir os pasos de Juba e facerse francotiradores pasándo a reforzar a insurxencia iraquí.

O que probabelmente foi un francotirador cunha nova forma de actuar baseada en libros ianquis de estratexia militar(recoñeceo nos seus videos) rematou sendo un nome colectivo que comparten moitos insurxentes anónimos. Polo que Juba non é un home só, Juba é todo o movemento insurxente.

(o video é un pouco forte)

4 comentários:

Anônimo disse...

Isto é fascismo. E o que ten collóns para publicitalo tamén!
Denuncia tamitada o 20 de marzal de 2008. No BNG non apoiamos isto!!!!

bardo do vinho disse...

Fascismo? contar un caso real, algo que esta a ocorrer?

En ningún momento dixen que estea ben matar, coido que non o dixen nunca. Sómente digo o que esta a pasar, que os ianquis están a ser abatidos día a día en Iraq tal e como pasou en Vietnam. E non tan só en atentados como nos fai ver a televisión, existe un exército iraquí de resistencia que non asasina a civís. A guerra e a guerra, e nela os soldados de ambos bandos non se dedican soamente a desfilar e a lucir traxes bonitos, ambos bandos tratan de matar aos soldados do outro bando.

Anônimo disse...

Apoloxía do terrorismo, exaltación do fascismo irakí e reivindicación dun asesino a tomar coma modelo exemplo.
Denuncia tramitada o 20 de marzal de 2008.

Anônimo disse...

Creo que nesta web temos moito curro.

Avanti Popolo!!