O día de onte non foi especial por que se botara no mar esa gran lata de sardiñas, capaz de matar a centos de persoa a distancias inimaxinables. O día de onte foi especial porque os galegos recordamos os nosos compañeiros sindicalistas asasinados aló polo dez de marzo do 1972.
Con motivo da chegada dos reis dunha forma máis que inoportuna, foron máis de milos ferroláns e galegos vidos doutras partes do país para apoiar a causa obreira. (mil na da CIGA, carenta na concentración, e uns centos de persoas da de CCOO) Houbo tres actos sinalables, dous de marcado carácter nacionalista a vez que socialista e republicano e outro soamente socialista e republicano.
Sobre as 18:00 houbo unha concentración, en fronte da porta de Bazán para mostrar o seu rechazo contra a monarquia. Na concentración xuntáronse unha coarenta persoas, sinto non poder dicir máis xa que non puiden asistir a ela.
A eso das 19:00 saíu dende o inferniño unha manifestación convocada por CC OO. Dentro da cal se agruparon distintos partidos políticos, por un lado a xente do PSOE e por outro a de IU. A manifestación, moi numerosas, na cal se portaban bandeiras republicanas e había unha pancarta en contra da planta de gas tivo un ambiente ameno pero a xente estaba bastante calada. Unha das cousas que me chamou a atención foi o esforzo que fixeron estudantes da USC que estudan en Santiago en achegarse a nosa cidade para mostrar o seu apoio, estes estudantes pertencían as “Xuventudes Comunistas” e foron os que máis se esforzaron por protestar en contra do capital e do sistema capitalista.
Finalmente unha última manifestación, e a probabelmente máis numerosa percorreu o centro de Ferrol dende a sede da CIG ata o cantón, pasando pola praza de España. Esta manifestación tivo por unha banda un marcado carácter antimonárquico e en prol das necesarias medidas sociais(ao igual que a de CCOO), a vez que nacionalista e independentista. Decenas de bandeiras galegas ondeaban entre os asistentes, e dentro da manifestación había xente do BNG e Nos-Up. Tamén asistiron a manifestación os membros de Briga cunha pancarta en contra dos Borbóns. A xente da manifestación estaba bastante animada, coreáronse berros a favor dunha futura república galega e consignas recordando os obreiros mortos no pasado. A manifestación deuse por concluída despois de que os asistentes cantasen o Himno Galego e a Internacional.
Poida que non saia demasiado na tele o que pasou, pero esta é a verdade. Moitos galegos estamos fartos da monarquía e de todo o que nos ven imposto por Madrid. Sinto non ter sacado fotos boas, pero é que só levaba o móbil encima e o resto de fotos vense tan ma que non se distinguen.
(unha foto esta colgada usando a ruta da imaxe directamente dende a páxina de orixe, a da CIGA)
VIDEOS DO 10 MARZO:
3 comentários:
Anônimo
disse...
Non foi Briga quen convocou a concentración contra a presencia do rei español, senón que fomos tod@s @s transanques@s contrarias a esta visita quen realizamos o acto de protesta en réxime de autoconvocatoria. Polo tanto, tampouco a faixa que se portou na manifestación convocada pola CIG era de Briga; de feito,a xuventude de Briga levaba outra faixa, propia e asinada, que se pode ver na foto xusto ao lado da nosa. Ben é certo que tanto Briga como outras organizacións apoiaron e participaron activamente no acto, pero, repito, non foron convocantes do mesmo. Un saúdo.
Sinto ter entendido mal. Vin a información sobre a convocatoria na web de Briga e pensei que foran eles os que a convocaran. Un saúdo e grazas pola información.
pd: non son de Briga e cando vin a xente coas dúas pancartas (ía no medio), que todo o resto si o eran.
Coordinadora de Equipas de normalización lingüística de Ferrolterra
Ferrol non é tan feo.
Solamente necesita ir a cambio radical; é paciente perfecto para un bo cirurxán
Non o digo eu, que o dixo Pondal, por iso lle prégo a súa señoría que non mo tome a mal.
"Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non."
MANDAMENTOS DO BO FERROLÁN
I AMARÁS A TÚA TERRA SOBRE TÓDALAS COUSAS
II NON PRONUNCIARÁS O NOME DA TUA TERRA EN VANO
III IRÁS A MALATA CANDO XOGUE O RACING
IV HORNARÁS OS TEUS E ESTARÁS ORGULLOSO DA TÚA TERRA
V NON MATARÁS, a ningún ferrolán
VI NON COMETERÁS ACTOS IMPUROS, se non son consentidos
VII NON AS DE ROUBAR, salvo que sexas banqueiro
VIII NON LEVANTARAS FALSOS TESTIMONIOS NEN MENTIRÁS, salvo que sexas político
XIX NON CONSENTIRÁS DESEXOS NIN PENSAMENTOS IMPUROS, pois pra que pensar neles podendoos facer?
XX NON CODICIARÁS OS BENS AXENOS, e se pasas fame jódeste
¡¡@S GALEG@ NON TEMOS REI!!
Nen o temos, nen nos fai falla.
Yo te daré te dare, te daré niña hermosa,te daré una cosa, una cosa que yo solo se.¡RACING!
Fumos os mellores de 2B, agora loitaremos por selos da BBVA
Un adolescente como outro calquera, con inquedanzas e con ganas de cambiar o mundo. Non pertenzo a ningun partido nin a ningunha relixión ou autoridade que me impoña unha conducta polo que digo so o que eu penso e son consecuente cos meus actos. Cando me aburro fago blogs e un deste resultados do aburrimento e o blog q estades a veren. Nos meus blogs trato de enfocar a miña forma de ver o mundo que é a de calquera rapaz da miña idade, galego e que odie a tiranaía do capitalismo salvaxe no que vivimos.
3 comentários:
Non foi Briga quen convocou a concentración contra a presencia do rei español, senón que fomos tod@s @s transanques@s contrarias a esta visita quen realizamos o acto de protesta en réxime de autoconvocatoria. Polo tanto, tampouco a faixa que se portou na manifestación convocada pola CIG era de Briga; de feito,a xuventude de Briga levaba outra faixa, propia e asinada, que se pode ver na foto xusto ao lado da nosa.
Ben é certo que tanto Briga como outras organizacións apoiaron e participaron activamente no acto, pero, repito, non foron convocantes do mesmo.
Un saúdo.
Sinto ter entendido mal. Vin a información sobre a convocatoria na web de Briga e pensei que foran eles os que a convocaran. Un saúdo e grazas pola información.
pd: non son de Briga e cando vin a xente coas dúas pancartas (ía no medio), que todo o resto si o eran.
Podes ver um video da concentraçom em http://www.youtube.com/watch?v=eJcgTrCzpMc&eurl=http://www.nosgaliza.org/principal.php?pag=lernot&id=1456
Saúdos!
Postar um comentário