domingo, 9 de março de 2008

Sigue os resultados electorais na Cova Céltiga.

Que é iso de que so as páxinas importantes dean en tempo real os datos do escrutinio? eu non penso ser menos.

Grazas a unha páxina de información independente, que permite que os blog colguen os seus datos que eles reciben do ministerio do interior, podedes seguir o escrutinio na cova.

Os datos iranse actualizando automaticamente dende as oito da tarde, de momento podedes ver os resultados das anteriores eleccións, en posteriormente poderedes comparalos cos das actuais.



7 comentários:

Anônimo disse...

Boa tarde "Bardo" moi ben traballada a páxina, e ti xa votaches???

bardo do vinho disse...

Si, por primeira vez xd.

Anônimo disse...

Vencedor en Galicia: Partido Popular.

Anônimo disse...

Los grandes derrotados de estas elecciones han sido los partidos nacionalistas. ¡Porque España existe y está ahí! ¡Y no permitiremos que se desintegre! España es una gran nación. ¡VIVA ESPAÑA!

bardo do vinho disse...

Nestas eleccións os populares aumentaron o número de votos. Esto débese a que dende a máis extrema dereita foron encarrilados todos e cada un dos votos posibles. Xente afin a partidos como DN Falange ou Alternativa Española decidiron botar polo pp.

Na Galiza os partidos nacionalistas aumentaron en número e en porcentaxe de votos. Polo que o BNG tivo un moi bo resultado.

Anônimo disse...

Mira os datos, Falange e DN sacaron moitos máis votos que os partidos comunistas. Polo tanto, non todos os de "extrema dereita" votaron ao PP...

Anônimo disse...

Tes razón. A verdade é que quitaron en xeral uns resultados mellores que hai catro anos. Pero estarás comigo en que o discurso en contra da inmigración de Rajoy ía encamiñado a conseguir votos da extrema dereita.

Penso que o que si ocorreu(dime senón cho parece) e que desta a dereita buscou votos ata debaixo das pedras. Correos en contra de Zapatero, campañas pensadas para desprestixiar aos nacionalistas, conflitos lingüísticos que non existen...


¿¿Os partido comunistas conseguiron menos votos ca os de extrema dereita??

Coido que non. Pese a que o único partido comunista que se presentou só e como tal conseguiu poucos votos (P.C.P.E. 19.141), bloques de partidos entre os que figuran partidos comunistas como é o caso de I.U. 963.040 que ten como membro ao PC, ou o BNG 209.042 que ten como membro a UPG. Claro que si pensamos nos milleiros de fascistas agochados dentro do PP, tal vez teñas razón.

Avanti Popolo!!