SE VAS VOTAR LEE ISTO(e opina)
Veña quedamos en que hai que votar, a pregunta é aquen, estas son unhas cantas opcións e as miñas respostas.
Alternativa española? ¡¡¡ NON !!!
Por qué?
Eu non son español
Falange Española De Las J. O. N. S. ¡¡¡ NON!!!
Por qué?
Porque deberían estar ilegalizados, os seus simpatizantes asasinaron a centos dos nosos, e non hai tanto tempo.
Falange Auténtica: ¡¡¡NON!!!
Por qué? Pois porque deberían estar ilegalizados, os seus simpatizantes asasinaron a centos dos nosos, e non hai tanto tempo.
Democracia Nacional: ¡¡¡NON!!!
Os seus simpatizantes apuñalan aos antifascistas, danlles tundas aos mendigos, asasinan transexuais.
TODOLOS PARTIDOS MINORITARIOS POR CAUSAS VARIAS: ¡¡¡NON!!!
Por qué?
Pois porque moitas desas causas xa as contemplan outros partidos coma EU ou mesmo BNG. Un partido non pode estar baseado na defensa dunha única causa, debe defender moitas.
Upd: ¡¡¡NON!!!
Por qué?
Son unha mistura dos tránsfugas fachas do PSOE e os progres do PP, son pro centralistas e non comparten a preocupación que temos moitos pola nosa lingua.
EU: Non é a peor opción.
Son un partido de esquerdas, demasiado amiguiño do PSOE ultimamente(gran parte do PC está enfadado con Llamazares), defenden unha república federal, a legalización da marihuana e outras moitas cousas necesarias. O malo é que en Galiza non é probable que consigan escaño.
PP: ¡¡¡NON!!!
Por qué?
Son un partido de dereteita-extrema dereita. Están en contra da lei de normalización lingüística aprobada por Fraga(e mira que é dos seus), móstranse recios a nosa autodeterminación, son unha panda de caciques corruptos e son uns mentiráns(e máis cousas que non me da tempo a dicir).
PSOE: ¡¡¡NON!!!
Por qué?
Dinse de esquerdas pero son un partido de centro dereita. Nunca din claro o que van a facer, basean todo en achegarse ao PP para tratar que este pacte con eles, non van impedir a institución do plan Boloña, crearon o canon dixital...
BNG: ¡¡¡SI!!!
Por qué?
Se queremos que en Madrid haxa alguén que se encargue de defender os nosos dereitos e interese, en tratar de o goberno deixe de maltratar ao noso país, se queremos acadar algún día certa autodeterminación; deberíamos de votarlles nesta ocasión aínda que cada día estean máis aburguesados. O BNG xa non é o partido revolucionario que era en tempos e os ideais da UPG perderon forza pero seguen a ser o único partido galego con deputados en Madrid.
Um comentário:
Penso que o PP actualmente está facendo unha pésima campaña. Ademais, creo que está primando a competencia dentro do partido e outorgar cargos a todo o mundo dentro da organización no canto de preocuparse de facer política.
Así, vese que hay xuntas por todos lados, organizacións, etc.
E a campaña que fai esa xente é penosa. Non ten nin idea de cómo facer as cousas. Están demostrando ser todos uns burros.
DÉMOSLLES UN EXEMPLO NESTAS ELECCIÓNS PARA QUE BAIXEN DRASTICAMENTE E TEÑAN QUE FACER LIMPIEZA NO PARTIDO!
ÁNIMO! Vota calquera partido MENOS PP E PSOE!
Postar um comentário